— Benvida a RuralYouthFuture á Axencia de Desenvolvemento Rexional de Backa (Serbia).
— O proxecto, liderado pola Fundación Galicia Europa, busca promover a inclusión de socios dos países en proceso de adhesión á Unión Europea.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2024. O proxecto RuralYouthFuture vén de ampliarse coa entrada dun novo socio na convocatoria, a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Backa (Serbia). O obxectivo desta nova adhesión é o de promover a inclusión de socios de países en proceso de adhesión á Unión Europea (Discovery Partner).
O proxecto RuralYouthFuture foi aprobado no marco da primeira convocatoria do programa Interreg Europe co obxectivo de mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible.
A Fundación Galicia Europa foi un dos socios seleccionados en toda Europa para a expansión a estes países, unha política priorizada pola Xunta de Galicia para que estes novos Estados participen nos programas da Unión Europea e a súa incorporación xa implica o coñecemento previo da acervo comunitario. RuralYouthFuture conta cun orzamento de case 1.900.000 euros e inclúe un total de 7 Estados membros: Galicia (España), Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Estonia, Portugal e Bélxica. Este proxecto pretende unir entidades municipais, autonómicas e nacionais en torno a un obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos dos territorios rurais, reducir as desigualdades en relación á mocidade das zonas urbanas e loitar contra o envellecemento e o despoboamento.
Boas prácticas en favor do desenvolvemento rural para a mocidade
Neste contexto, desde decembro de 2022 (data de aprobación do proxecto) os socios de RuralYouthFuture veñen intercambiando boas prácticas, nos seus territorios, para:
- Reducir as desigualdades entre as zonas rurais e urbanas para mellorar o emprego xuvenil.
- Combater o despoboamento e o envellecemento das rexións rurais atraendo e retendo unha forza de traballo nova e con talento.
- Empoderar aos mozos dos territorios rurais ofrecéndolles oportunidades laborais e mellores condicións laborais.
- Promover o desenvolvemento rural sostible promovendo as competencias dixitais e os modelos de traballo emerxentes.
No mes de maio, o secretario de Interreg Europe animou á Fundación Galicia Europa (como líder do proxecto) a acoller un socio destes países presentándose á convocatoria en cuestión.
É o propio secretario quen promove o encontro entre a Fundación Galicia Europa e o socio (a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Backa, Serbia) co fin de desenvolver a proposta de integración desta entidade no proxecto que lidera a FGE. Así, o pasado 23 de xullo Interreg Europe aprobou formalmente os proxectos presentados á convocatoria.
O incremento do orzamento do proxecto correspondente á entrada deste novo socio, require, entre outros, a sinatura dun novo convenio de subvención entre a autoridade de xestión do programa e o principal beneficiario do proxecto.
Os novos socios xa se sumaron ás actividades do proxecto.
RuralYouthFuture é unha iniciativa europea dedicada a mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Este ambicioso empeño une a entidades municipais, rexionais e nacionais ao redor dun obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades cos seus coetáneos urbanos e a loita contra o envellecemento e o despoboamento, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.
Enfócase en seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder as necesidades da mocidade nos territorios rurais, os cales están a experimentar un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica (e agora Serbia). O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.
Máis información: RuralYouthFuture
Consulta os proxectos europeos nos que participa como socia a Fundación Galicia Europa