Desde 1994, cada 21 de setembro celebramos o Día Mundial do Alzheimer, unha data auspiciada pola OMS para concienciar sobre a que xa é a gran epidemia do século XXI.
En AFAGA cada ano organizamos distintas actividades para informar acerca desta doenza, sensibilizar sobre a súa repercusión social e impulsar a investigación en novos tratamentos.
Este ano, organizamos os seguintes actos ao redor do Día Mundial do Alzheimer:
Charlas informativas “Alzheimer e outras demencias: que son, pautas de prevención e actuación” en Salceda (en distintas datas).
Mércores 18 de setembro
Entrega dos premios do X Certame de Relatos Cortos sobre o Alzheimer ‘Nun recuncho da memoria’
Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
- 12:00
Excursión en barco pola Ría de Arousa (cuota inscrición)
Xoves 19 de setembro
Encontro divulgativo “Pódese previr o Alzheimer?” – Museo Marco (Vigo), coa intervención da neuropsicóloga Nina Gramunt Fombuena, experta en formación e divulgación da Fundación Pasqual Maragall.
- 19:00
Participación na Presentación do proxecto de FADEAL “ALZHEIMER DE PRETO” – Deputación de Pontevedra –
Vernes 20 de setembro
“Conversas em torno da Mente- Vamos falar de Alzheimer” – Valença –
- 15:00
Participación no evento coregrafiado “O son da memoria”
Concello de Baiona – Praza do Concello de Baiona
- 11:30
Sábado 21 de setembro (Día Mundial do Alzheimer)
Envellecemiento activo: Masterclasses de bike / zumba e charla sobre o Alzheimer -MqA Coia (Vigo) –
A partir das 10h (necesaria inscrición ás masterclasses)
Andaina polo Día Mundial do Alzheimer con EVD GALICIA “Andar é saúde”-Multiusos das Pozas Mos
- 10:30 h
Martes 24 de setembro
Charla “Aspectos legais: como abordar o coidado da persoa coidadora” – Multiusos Redondela
- 18:00
Xoves 26 de setembro
Charla “Alzheimer e outras demencias: que son e factores de prevención” – AVV A Salgueira (Vigo)
- 19:00
Iluminación de edificios emblemáticos en distintas localidades en homenaxe ás persoas con demencia e ás súas familias
Mesas informativas en varias localidades
Mais información: 986 22 97 97 ou en formacion@afaga.com