Dá servizo ás persoas retornadas a Galicia, con cita previa e para realizar xestións de diversa índole. Estará na Alameda o día 18 de febreiro de 09.00 a 14.00h
Marín, 09 febreiro 2026
A Campaña Galicia Retorna da Xunta de Galicia chega a Marín, unha estratexia da Secretaría Xeral de Emigración que busca ofrecer servizos de asistencia e axuda ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias.
Trátase dunha oficina móbil que se instalará na Alameda de 09.00 a 14.00 horas onde, preferentemente baixo cita previa, as persoas que se cheguen poderán preguntar dúbidas sobre os trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno; sobre prestacións, subvencións e axudas, asistencia sanitaria, vivenda e formación e orientación laboral e emprego.
A cita previa pode pedirse a través desta ligazón ou chamando ao teléfono 900 102 380.