Marín, 10 febreiro 2026
O paso dos distintos temporais polos areais de Marín están a deixar dúas caras ben distintas: por unha banda, Aguete ou o Santo están a recibir importantes aportes de area pero tamén sufriron destrozos nos elementos que axudan ao seu acceso.
Agora, o Concello segue facendo repaso de todos os desperfectos e activa as necesidades para os seus arranxos. Na Ribeira, caeron trozos de muro e os primeiros chanzos da escaleira nova. A vella quedou totalmente rota. Ademais, a pasarela de madeira tamén está perigosa.
No caso do Santo, están rotas a rampa, a varanda e os trozos de empedrado do paseo apareceron levantados, así como varios árbores caídos (algo que tamén se detectou noutros puntos do municipio, como a Barriada Virxe do Carme, no entorno do Centro de Saúde).
Outro caso é o da caseta de pescadores de Aguete, que se viu totalmente afectada pola afouteza das ondas dos temporais marítimos, que levantaron planchas da súa fachada.
O Concello, polo tanto, está xa mans á obra para encargar os necesarios traballos de reposición e arranxo destes elementos.