Fondo Europeo de Competitividade (FEC) - Fundación Galicia Europa

Compatibilité
Sauvegarder(0)
partager

O Fondo Europeo de Competitividade (FEC) constitúe unha das novidades do Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034, proposto pola Comisión Europea o 16 de xullo de 2025. Este fondo responde ó diagnóstico recollido no informe Draghi sobre a necesidade de mobilizar investimento masivo en sectores estratéxicos e impulsar a innovación para reforzar a posición competitiva da UE a nivel global.

A proposta, formulada como Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello (procedemento lexislativo ordinario), inclúe actividades de 14 programas preexistentes nun único instrumento de xestión directa -ou indirecta a través de socios de implementación – coa intención declarada de simplificar as normas aplicables e ofrecer un percorrido de investimento integrado dende a investigación ata a comercialización.

Coordonnées
María Sabarís