RuralYouthFuture: stakeholders galegos perfilan boas prácticas

Compatibilité
Sauvegarder(0)
partager

— Nos últimos seis meses, o traballo e o contacto activo entre os stakeholders e os socios galegos permitiron definir as boas prácticas de Galicia, que serán presentadas na próxima visita de estudo na nosa comunidade.

Bruxelas, 27 de febreiro de 2025. As numerosas reunións personalizadas e os contactos mantidos durante o último semestre marcaron un punto de inflexión no proxecto “RuralYouthFuture”, especialmente na definición detallada do roadmap para lograr unha mellora das políticas de xuventude no ámbito rural, grazas ao estudo das boas prácticas presentadas polos stakeholders.

O compromiso e a análise conxunta dos stakeholders, tanto das boas prácticas propias como das do partenariado, están a supoñer unha gran oportunidade para a formulación de novas liñas de traballo, programas e accións orientadas a mellorar as políticas públicas.

Nestes meses avanzouse na consolidación do proxecto, sentando as bases para os próximos pasos na fase central desta iniciativa europea. Neste contexto, durante a visita de estudo que terá lugar en Galicia no mes de xuño, presentaranse os logros acadados ata o momento. Entre eles, destacan novas medidas impulsadas polo Goberno galego para reducir a fenda dixital no ámbito rural, mediante programas formativos e actividades divulgativas dirixidas á mocidade en situación de desemprego, co obxectivo de mellorar as súas oportunidades laborais.

“RuralYouthFuture” céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da mocidade en territorios rurais afectados polo descenso poboacional. O proxecto conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.

Con 1,9 millóns de euros de financiamento, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.

Atopa todas as novas relacionadas co proxecto aquí e accede ao seu último boletín informativo a través da seguinte ligazón.

Coordonnées
David Dopazo