Xunto co concelleiro Pablo Novas, recibiu á nova directiva e coñeceu as demandas actuais que teñen na parroquia
Marín, 09 decembro 2025
A alcaldesa, María Ramallo, recibiu hoxe no Concello, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas; á nova directiva da Asociación Veciñal de San Xulián, que veñen de recuperar a actividade da asociación, despois de anos parada, con novas persoas á fronte e moitos proxectos que queren impulsar.
Desde que se nomeou á nova Xunta Directiva e tal e como lle trasladaron á alcaldesa, xa sumaron 200 novas persoas socias, o que denota a importancia que a veciñanza da parroquia lle dá ao asociacionismo.
O obxectivo da reunión, ademais de presentarse como nova directiva, foi expoñer ante o Goberno local as demandas e peticións nas que ten competencias ou ben o Concello ou a Deputación provincial.
Estas demandas céntranse sobre todo na mellora de camiños rurais e na limpieza e mantemento de beirarrúas nalgúns puntos da parroquia. Ademais, preguntaron polo estado do proxecto de mellora da mobilidade na estrada que vai a Figueirido, desde a Casa de Cultura, e que está en tramitación por parte da Deputación.
Pola súa banda, a alcaldesa explicoulle que existe un proxecto de mellora para o entorno da Igrexa, actuando na estrada e no muro que no seu día cedeu, así como a iluminación na zona, que ten un orzamento calculado de 200.000 euros e para o que solicitu a autorización a Patrimonio, pero que aínda non conta con financiación.
A rexedora desexoulles moito ánimo nesta nova etapa da asociación e deixou a man do Goberno local tendida para todo o que precisen da administración local, tratando entre todos, veciñanza e Concello, de mellorar a calidade de vida e os servizos de San Xulián.