A Comisión impulsa a competitividade mundial da industria automobilística europea - Fundación Galicia Europa

Compatibilité
Sauvegarder(0)
partager

— Este plan se encadra dentro do grupo de iniciativas presentadas pola Comisión nos primeiros cen días de mandato.

— O obxectivo do plan é manter unha sólida base de produción europea e evitar dependencias estratéxicas. 

Bruxelas, 17 de marzo de 2025. A Comisión presentou o pasado 5 de marzo el Plan de Acción para a Industria do Automóbil. O plan, que se encadra dentro do grupo de iniciativas desenvolvidas pola Comisión nos primeiros cen días de mandato, baséase no Diálogo Estratéxico que tivo lugar no mes de xaneiro, e propón accións concretas que garantirán que o sector do automobilismo sexa sólido e sostible e axudarán a liberar o seu poder innovador. Co obxectivo de manter unha sólida base de produción europea e evitar dependencias estratéxicas, a UE destinará 1.800 millóns de euros para crear unha cadea de subministro segura e competitiva de materias primas para baterías, o que axudará a promover o crecemento da industria automobilística europea.

A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, declarou: «Existe un gran potencial sen explotar no mercado mundial en relación á innovación e ás solucións limpas, e quero ver como a nosa industria automobilística toma a lideranza. Promoveremos a produción nacional co fin de evitar dependencias estratéxicas, especialmente en relación á produción de baterías. Adaptarémonos aos nosos obxectivos de emisións acordados, pero cun enfoque pragmático e flexible. O noso obxectivo común é contar cunha industria automobilística sostible, competitiva e innovadora en Europa que beneficie aos nosos cidadáns, á nosa economía e ao medio ambiente».

Acelerar a innovación e a transición car unha mobilidade limpa

As empresas automobilísticas da UE están quedando atrás en tecnoloxías clave. Para axudar á industria a liderar a transición cara a vehículos con tecnoloxías de IA, conectados e automatizados, o Plan de Acción presenta un novo enfoque. Unha alianza europea específica de vehículos conectados e autónomos reunirá as partes interesadas europeas do sector automobilístico para reflexionar sobre o desenvolvemento de vehículos de próxima xeración e axudar ao desenvolvemento do software compartido e o hardware dixital necesarios para facer realidade esta tecnoloxía. Os bancos de probas a gran escala e os espazos controlados de probas ofrecerán aos innovadores a posibilidade de someter a probas e perfeccionar as súas tecnoloxías no ámbito dos vehículos autónomos. A Comisión seguirá desenvolvendo o marco regulador para vehículos autónomos. Estas accións recibirán financiamento a través de investimentos conxuntos público-privados de arredor de 1.000 millóns de euros procedentes do programa Horizonte Europa ao longo do período 2025-2027.

O Plan de Acción vai acompañado da Comunicación sobre descarbonización das frotas de vehículos de empresa, na que se destacan exemplos de mellores prácticas e se anima aos Estados membros a adoptar novas medidas para facer máis ecolóxicas as frotas de vehículos de empresa, que representan arredor do 60 % das matriculacións de vehículos novos.

Maior flexibilidade para o cumprimento das normas sobre CO2

A Comisión tomou nota da clara demanda dunha maior flexibilidade en relación cos obxectivos de CO2 e comprometeuse a abordar esta cuestión de maneira equilibrada e xusta. A Comisión proporá este mes unha modificación específica do Regulamento sobre as normas en materia de CO2 para turismos e furgonetas. Se se adopta a modificación, os fabricantes de automóbiles poderían satisfacer os seus obxectivos de cumprimento facendo un promedio do seu rendemento ao longo dun período de tres anos (2025-2027), o que lles permitiría compensar calquera déficit rexistrado nun ou dous anos co excedente obtido noutro(s) ano(s), mantendo así o nivel global de ambición dos obxectivos para 2025. Ademais, a Comisión acelerará os traballos de preparación do reexame previsto do Regulamento sobre as normas en materia de CO2 para turismos e furgonetas.

Paralelamente, a Comisión está a traballar en formas de estimular a demanda de vehículos europeos de emisión cero. O Plan de Acción inclúe medidas que ofrecerán incentivos para cambiar a vehículos de emisión cero e reforzarán a confianza dos consumidores por medio de medidas concretas, como a mellora da saúde das baterías e a súa capacidade de reparación. A Comisión traballará activamente cos Estados membros para optimizar estes programas de incentivos dirixidos aos consumidores.

Apoio á resiliencia da cadea de subministro e aos traballadores do sector 

É fundamental que Europa logre unha produción de células da UE competitiva en termos de custos que cubra unha gran parte do subministro de baterías e xere valor engadido europeo ao longo da cadea de subministro. A Comisión seguirá apoiando á industria das baterías da UE e axudándoa a manter unha sólida base de produción europea, con financiamento procedente do Fondo de Innovación. A Comisión tamén estudará a posibilidade de introducir axudas directas á produción para as empresas que producen baterías, así como criterios distintos do prezo para os compoñentes, tales como requisitos de resiliencia.

Para axudar ao sector do automóbil da UE a facer fronte aos retos relacionados coa escaseza de capacidades, a falta de adecuación e o envellecemento da man de obra, o Observatorio Europeo para unha Transición Xusta, que se puxo en marcha co Pacto por unha Industria Limpa, desenvolverá e recollerá datos co fin de axudar a detectar os futuros «puntos críticos» que poidan xurdir en materia de despedimentos e carencias de capacidades. A Comisión mellorará o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG) en termos de rapidez e de alcance das axudas, de xeito que as empresas poidan activalas e os traballadores ameazados por despedimentos inmediatos reciban apoio. Ademais, a Comisión traballará cos interlocutores sociais e os Estados membros con vistas a aumentar a financiación do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) para o sector do automobilismo, a fin de apoiar aos traballadores que desexen reciclase profesionalmente e buscar novas oportunidades de emprego. A Comisión tamén aproveitará a revisión intermedia do FSE+ para incentivar aos Estados membros a reprogramar máis financiación para o sector do automobilismo. Así mesmo, como se anunciou no Pacto polas Capacidades, a Comisión proporá unha iniciativa reforzada para apoiar aos traballadores de sectores estratéxicos como a industria automobilística, centrándose en programas de mellora das capacidades e de reciclaxe profesional.

Impulsar a resiliencia da industria para competir con éxito na economía mundial

Co obxectivo de que a industria automobilística da UE sexa máis resiliente fronte a unha competencia feroz desde o exterior, a Comisión garantirá unhas condicións de competencia equitativas mediante o uso de instrumentos de defensa comercial, como as medidas antisubvencións, para protexer ás empresas europeas da competencia desleal. Ao mesmo tempo, proseguirán as negociacións cos países socios para mellorar o acceso ao mercado e as oportunidades de subministro da industria automobilística. Ademais, a Comisión proporá medidas para garantir que as inversións estranxeiras no sector automobilístico da UE contribúan á competitividade da industria a longo prazo, traballando ao mesmo tempo para reducir a carga administrativa dos fabricantes europeos de automóbiles mediante a simplificación normativa.

Contexto

O Plan de Acción é o resultado dun proceso inclusivo e colaborativo, no que houbo numerosos debates e contou coa participación das partes interesadas, iniciado a través do Diálogo Estratéxico sobre o Futuro da Industria do Automóbil, presentado pola presidenta Ursula von der Leyen o 30 de xaneiro de 2025. O Plan tamén se baseou nas conclusións dunha consulta pública aberta sobre o futuro da industria automobilística europea, así como no traballo de varios Grupos de Traballo dirixidos polos comisarios Šefčovič, Hoekstra, Séjourné, Virkkunen, Mînzatu e Tzitzikostas.

Fonte: Comisión Europea

Máis información: 

Coordonnées
Ismael Pérez