Convocatoria asesor/a técnico/a II en Bruselas | FGE 2026 - Fundación Galicia Europa

Compatibilité
Sauvegarder(0)
partager

— O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 24 de abril.  

Bruxelas, 26 de marzo de 2026. A Fundación Galicia Europa convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de asesor/a técnico/a II (grupo I) como persoal laboral fixo, con destino na súa oficina de Bruxelas.

O sistema de selección será o de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre.

🗓️ Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación no DOG e permanecerá aberto ata o 24 de abril de 2026.

📋 Requisitos principais
As persoas candidatas deberán contar cun título universitario oficial e acreditar un nivel B2 de inglés. Ademais, será necesario acreditar o Celga 4 ou, no seu defecto, superar a proba de coñecemento da lingua galega.

📨 Presentación de solicitudes
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición (dispoñible en galego e castelán) e presentalo, xunto coa documentación requirida, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A, dirixido á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes – Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

📍 Proceso selectivo
As probas poderán realizarse en Santiago de Compostela ou Bruxelas, segundo a opción indicada na solicitude, e desenvolveranse nunha única xornada.

💰 Taxa de exame
A taxa é de 44,17 €, con exencións e bonificacións previstas.

🔗 Para máis información visita nas bases e no anuncio no DOG e o portal de transparencia da FGE.

Coordonnées
María Sabarís