Bolsas Galicia Europa 2026 – Dereito
A Fundación Galicia Europa convoca dúas bolsas de formación dirixidas a persoas graduadas en Dereito para a realización de prácticas de asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 22 de maio de 2026 a orde pola que se autoriza á Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación.
As bolsas, enmarcados no programa de prácticas da FGE ‘Bolsas Galicia Europa’, ten unha duración de 11 meses, con incorporación prevista para o mes de setembro de 2026.
O prazo de solicitude das bolsas comeza o 4 de xuño de 2026 e remata o 3 de xullo ás 23:59 horas.
Principais requisitos
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
- Estar en posesión dun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito, finalizado no ano 2021 ou posterior.
Proceso de selección
- Valoración de méritos (máximo 15 puntos)
- Expediente académico: 6 puntos
- Adecuación da titulación ao obxecto da bolsa: 5 puntos
- Estudos de posgrao: 2,5 puntos
- Inglés: máximo 1,5 puntos (C1: 1 punto, C2: 1,5 puntos)
- Entrevista persoal (máximo 15 puntos).
IMPORTANTE! Documentación complementaria
Prégase ler con atención o artigo 7 da convocatoria referido á documentación que debe axuntarse á solicitude electrónica, especialmente:
- Un currículum vitae, preferentemente en formato Europass
- A relación de méritos puntuables (que se deberán incluír como anexo II) coa súa correspondiente acreditación:
- Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con indicación da nota media simple obtida.
- Certificados de cursos con duración superior a 30 horas.
- Títulos oficiais que acrediten o nivel de inglés.
- No caso de nacionais da UE residentes fóra de España, copia do pasaporte.
- Para aqueles solicitantes que pretendan acreditar á filiación de proxenitores galegos, copia do libro de familia ou documento equivalente.
- No caso de presentar un título académico estranxeiro, copia da homologación ou validación do título.
Presentación de solicitudes
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xullo ás 23:59 horas.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I da convocatoria), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presenta a túa solicitude aquí. O código de procedemento é: PR770Q.