Boletín financiamento comunitario FGE | Nº 4

Compatibilité
Sauvegarder(0)
partager

Neste novo número do Boletín de Financiamento Comunitario destacamos a entrega dos Premios #EuropaXunta 2026, que recoñecen os mellores proxectos europeos desenvolvidos en Galicia e amosan como os fondos da UE contribúen a construír unha Galicia máis innovadora, competitiva, verde, conectada e inclusiva.

Presentamos tamén as principais novidades dos programas de traballo de Europa Creativa e Erasmus+ para 2027, que establecen as prioridades e o financiamento das próximas iniciativas europeas nos ámbitos da cultura, o audiovisual, a educación, a formación, a mocidade e o deporte.

Ademais, recompilamos unha nova selección de convocatorias e oportunidades de financiamento, xunto con seminarios informativos en liña para mellorar a preparación de propostas para programas como Horizonte Europa e Europa Creativa.

Coordonnées
María Sabarís