O evento, que será de entrada libre a partir das 20.30, con inicio ás 21.00, só require levar alimentos non perecedoiros para colaborar co Banco de Alimentos de Marín, xestionado polo Voluntariado da Caridade
Marín, 05 agosto 2026
Esta mañá, o Comedor Social de Marín acolleu a presentación do XL Festival do Kilo, a actividade solidaria por excelencia do noso verán e que servirá para recoller alimentos para esta institución social, que é todo un exemplo na súa forma de traballar de de dar asistencia social. Nela, participou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira, Marián Sanmartín, xunto coas voluntarias do comedor.
A cita será o venres 7 de agosto ás 21.00 horas no Auditorio, con apertura de portas media hora antes e entrada libre ate completar afoto. Participarán Antonio Peixoto, Manuel Somoza, Antonio Fernández, Candela, José Manuel Couñago, Ecos de Marín, a Banda de Música de Marín, Canteir@s de Marón e a gran artista da noite, a cantante de ópera cubana Betsy.
Aínda que calquer tipo de alimento non perecedoiro é ben recibido, sobre todo precisan aceite, leite, arroz e pasta. Ademais, haberá sorteos durante o transcurso do festival de varios artículos, destacando un cadro do pintor marinense Antón Sobral, que estará para entregar a obra á persoa agraciada.
A presidenta do Comedor explicou que neste momento estanse a despachar entre 85 e 90 servizos de comida cada día, engadindo a aquelas familias que levan os seus tuppers para alimentar na casa aos nenos da familia.
Tamén quixeron destacar o bo ambiente que hai no Comedor e a importancia da aportación das persoas desinteresadas, pero sobre todo das institucións, para sufragar os custos da instalación.
De feito, a alcaldesa quixo recalcar que as axudas para esta asistencia social se quedan curtas ao lado “do inmenso traballo que fan día a día as voluntarias deste comedor, sen as que non sería posible facer esta cobrtura social que, desgrazadamente, moita xente necesita”.
Para calquera entrevista ou información a maiores, chamar ao 696 59 92 70.