- A reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, será a encargada de recoller o galardón, mañá, ao redor das 11.00 h
- La UVigo e AFAGA colaboraron en importantes proxectos tecnolóxicos para a abordaxe das demencias como “Frida” ou “The Mind Guardian”
- AFAGA premia ademais a implicación da institución académica na loita contra o idadismo, canalizada a través da Cátedra Afaga-Atendo
Vigo, venres 27 de novembro de 2026.- A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), de Vigo, concederá o seu II Premio AFAGA á Universidade de Vigo (UVigo), no marco de las XXIII Xornadas Internacionais sobre o Alzheimer, que se celebran mañá, a partir das 9.00 h, no Auditorio de Afundación de Vigo, baixo o lema “Idadismo e Inclusión Social”. Recollerá o premio, Carmen García Mateo, reitora da UVigo, durante unha pausa nas intervencións, programada ao redor de las 11.00 h.
Con este galardón, AFAGA recoñece o compromiso e o labor da institución académica viguesa e o seu ecosistema como partner estratéxico en distintos proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, deseñados para abordar novas respostas na loita contra o Alzheimer e outras demencias. Entre outros, AFAGA colaborou con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, no testeo e desenvolvemento do axente conversacional “Frida”, o asistente de voz “Celia” para persoas maiores -este último desenvolvido na actualidade pola spin-off Serenia Solutions-, o proxecto de realidade virtual inmersiva “Revicog 3.0”, ou o videoxogo baseado en IA para o cribado da deterioración cognitiva “The Mind Guardian”, cuxo lanzamento se levou a cabo grazas á colaboración entre Samsung España e outros partners.
En consonancia co lema da vixésimo terceira edición das Xornadas Internacionais sobre o Alzheimer, que se celebran mañá, AFAGA premia ademais o apoio da Universidade de Vigo na loita contra o estigma do idadismo no conxunto da sociedade galega, unha das máis lonxevas do mundo. A institución foi unha peza crave na creación en 2022 da Cátedra de Idadismo Afaga-Atendo, a primeira cátedra sobre esta temática que existe en España.
Centrada na realización de actividades académicas destinadas a difundir o coñecemento e a promover a investigación no campo do idadismo e a interxeracionalidade, a Cátedra de Idadismo Afaga-Atendo de la UVigo traballou en estreita colaboración coa Xunta de Galicia na primeira Estratexia Galega contra o Idadismo 2025-2031. Este informe inclúe medidas para cambiar a percepción negativa do envellecemento, asegurar a equidade nos servizos e promover as relacións entre distintas xeracións, co obxectivo de eliminar a discriminación por idade e fomentar unha sociedade máis inclusiva, onde as persoas maiores conten con plena participación e dereitos.
“Para AFAGA é un orgullo contar entre os nosos partners cunha institución académica de prestixio como a Universidade de Vigo, a quen queremos recoñecer con este II Premio AFAGA, tanto o seu labor de investigación na abordaxe das demencias con novas respostas e solucións tecnolóxicas, como o seu apoio incondicional na sensibilización e traslado de coñecemento á sociedade nos ámbitos do envellecemento e a súa desestigmatización”, sinala Juan Carlos
Pola súa banda, a reitora de la UVigo, Carmen García Mateo, agradece, en nome de toda a comunidade universitaria, este galardón e destaca a traxectoria de AFAGA, que leva máis de tres décadas acompañando ás persoas con alzhéimer e outras demencias e ás súas familias, cunha decidida aposta pola investigación e a innovación. “Este premio recoñece tamén o traballo dos nosos centros de investigación, cuxos equipos atoparon en AFAGA a experiencia e o coñecemento necesarios para desenvolver solucións tecnolóxicas axustadas ás necesidades das persoas afectadas. É unha excelente mostra do sentido que debe ter a transferencia de coñecemento nunha universidade pública: que os avances científicos contribúan a mellorar a vida das persoas”.
García Mateo reafirma a vontade de seguir estreitando a colaboración entre ambas as entidades: “Pola súa singularidade demográfica e o seu potencial científico, Galicia reúne as condicións para seguir reforzando a súa posición de referente na investigación sobre o envellecemento. Desde la Universidade de Vigo queremos seguir contribuíndo a estes obxectivos, sumando o coñecemento de distintas disciplinas para avanzar na prevención e a detección precoz da deterioración cognitiva, favorecer a autonomía das persoas maiores e combater a discriminación por razón de idade. O conseguido ata o de agora xunto a AFAGA anímanos a ser aínda máis ambiciosos”.
Espazo de coñecemento de referencia no ecosistema sociosanitario de Galicia
Las XXIII Xornadas Internacionais sobre o Alzheimer que se celebran mañá, de 9.00 h a 14.15 h, no Auditorio de Afundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26), reunirán a expertos nacionais e internacionais, profesionais, académicos e personalidades de distintas institucións do ecosistema sociosanitario de toda Galicia e a súa área de influencia.
O eixo central das xornadas pivotará sobre o idadismo e a inclusión social, para abordar distintas temáticas como a saúde cerebral feminina, a relación do soño, envellecemento e a hixiene bucodental coas demencias, novas experiencias inclusivas e proxectos enfocados á comunidade, a soidade non desexada en distintos colectivos sociais ou aprender das demencias con casos clínicos reais.
Irene Escudero Martínez, neuróloga con dedicación clínica á patoloxía cerebrovascular, doutora en Biomedicina e experta afiliada da entidade suíza Women’s Brain Foundation, será a relatora que abrirá as xornadas a las 9.15 h coa súa presentación: “Saúde cerebral feminina, o que o idadismo nos impide ver e previr”.
Ás 10.00 h, abrirase un espazo sobre a prevención da deterioración cognitiva como reto social, cos relatorios de la neuróloga e especialista en neurofisiología clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), Iria Lagoa Labrador, e la odontóloga especializada en periodoncia, Adriana Sanz, para abordar a vinculación das demencias co soño, o envellecemento e a hixiene bucodental.
Ao redor de las 11.00 h, farase entrega do II Premio AFAGA Alzheimer a la UVigo.
Tras a entrega do galardón, está previsto un panel centrado en casos de éxito e experiencias inclusivas dentro da comunidade. Participarán José Carreira, presidente de STOP Idadismo Portugal e representante de ADI (Alzheimer Disease International) e Romulus Neagu, bailarín coreógrafo e coordinador artístico de INTRUSO A.C., para explicar o seu proxecto “IDE Memória Futura” sobre a intervención comunitaria con persoas con Alzheimer e coidadores, utilizando a arte como ferramenta terapéutica. Xunto a eles, Paco Novo Vázquez, traballador social da Fundación 26 de Decembro, abordará no seu relatorio o idadismo, a soidade non desexada e a deterioración cognitiva en persoas maiores LGTBIQ+ e Antonio Sagués Amadó, médico experto en xestión e planificación sanitaria da Confederación Andaluza de Alzheimer e Outras Demencias (ConFEAFA), charlará sobre a incidencia da soidade non desexada nas persoas coidadoras.
A rolda de intervencións concluirá cun relatorio de la neuróloga especialista en neuroloxía cognitiva e secretaria do grupo Neurogeriatría da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) sobre como aprender das demencias máis aló do Alzheimer, mediante a experiencia coa exposición de cinco casos clínicos reais e vídeos testemuñais.
Sobre AFAGA
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), de Vigo, é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza diferentes actividades para mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias e la dos seus familiares. Ofrece información, asesoramento e orientación e busca achegar a realidade destas doenzas a entidades públicas e privadas, para dar resposta ás demandas do colectivo que representa, alén de colaborar nas investigacións que se realizan sobre as demencias neurodegenerativas. En 2025 atendeu a 4.306 persoas, das cales 2.652 foron usuarias directas dalgún dos seus recursos, incluíndo a 1.226 participantes nos seus programas de prevención “Cultiva a Mente”, “Coida ou Corpo” e “Actívate” en 15 municipios da área Sanitario de Vigo e a 515 persoas con demencia en talleres de estimulación cognitiva en 10 localidades. Xestiona dez centros en Vigo (CAI Martínez Garrido, CIAG e Beiramar), Salceda de Caselas, Mos, Tui, Salvaterra, Tomiño, O Porriño e Marín -en colaboración coa asociación AFAPO-.