Abre o prazo de inscrición para participar en remoto na 21ª edición de TecEuropa

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

— A nova convocatoria do curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia desenvolverase entre o 11 e o 14 de novembro

— Será a primeira edición en formato híbrido, xa que se retoma a asistencia presencial en Bruxelas pero se mantén a modalidade a distancia

Bruxelas, 21 de outubro de 2024. A Fundación Galicia Europa abre o prazo de inscrición para participar en remoto na 21ª edición de TecEuropa, o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia para entidades galegas que buscan especializarse na materia. Esta nova edición, que se celebrará entre o 11 e o 14 de novembro, será a primeira organizada en formato híbrido.

Logo do parón de case cinco anos motivado pola pandemia, retómase a modalidade presencial. Acaba de resolverse a convocatoria de axudas para que 20 persoas asistan a este curso en Bruxelas. Con todo, mantense a posibilidade de participar a distancia para aqueles que non poidan desprazarse.

20 persoas recibirán axudas para participar no curso de maneira presencial en Bruxelas, pero ata o 28 de outubro están abertas as inscricións para a modalidade a distancia

Quen estea interesado en inscribirse, debe completar antes do próximo luns, 28 de outubro, o formulario de datos ao que se pode acceder a través deste enlace. O programa completo desta edición pódese consultar na nosa páxina web. 5 das 7 sesións previstas estarán abertas ao público en liña.

Unha década de TecEuropa

Organizado dende 2015, en total máis de 800 persoas teñen participado nas 20 edicións previas de TecEuropa. Este curso está dirixido tanto ás persoas que se achegan por primeira vez ao financiamento comunitario como a aquelas que queren profundar en programas específicos.

Máis información: TecEuropa, curso de especialización en financiamento comunitario para entidades públicas e privadas de Galicia (Fundación Galicia Europa)

Detalles de contacto
Alejandro Gesto