A conselleira de Medio Ambiente participa no Consello

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

A conselleira de Medio Ambiente visita Bruxelas para participar no Consello en representación de todas as CCAA

17/12/2024 | ,

— Ángeles Vázquez, que contou co acompañamento da Fundación Galicia Europa, valorou positivamente o acordo sobre o regulamento para reducir a contaminación por granulados plásticos

— Nunha reunión con responsables do Parlamento Europeo, a conselleira insistiu na súa inquedanza ante a “parálise eólica” en Galicia

Bruxelas, 17 de decembro de 2024. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou Bruxelas para participar, en representación das comunidades autónomas españolas, no Consello de Ministros da Unión Europea do ramo. Na súa intervención, valorou moi positivamente o acordo sobre o regulamento proposto pola Comisión para previr as perdas de granulado plástico en todas as etapas da cadea de subministración, incluído o transporte marítimo.

Vázquez destacou que esta normativa pretende reducir entre un 54% e un 74% o impacto negativo que teñen estas perdas no clima, na biodiversidade, a economía e a saúde, o que suporía beneficios ambientais, reputacionais e competitivos. Hai que ter en conta que o granulado plástico é moi difícil de recuperar unha vez se espalla por aire, augas superficiais, correntes mariñas e solos agrícolas.

A conselleira fixo fincapé na necesidade de que na nova normativa se teñan en conta os custos derivados da súa aplicación por parte das administracións subnacionais, como é o caso das comunidades autónomas. Neste sentido, solicitou que poñan á súa disposición os correspondentes recursos financeiros e técnicos.

“Parálise eólica”

Durante o seu paso por Bruxelas, no que contou co acompañamento da Fundación Galicia Europa (FGE), Vázquez aproveitou para manter un encontro co director de Dereitos dos Cidadáns e Asuntos Constitucionais do Parlamento Europeo, Michael Speiser. Trasladoulle a súa inquedanza pola “inseguridade xurídica” que está a xerar en Galicia a “parálise xudicial e administrativa” que afecta a ducias de proxectos eóilcos.

Máis información e fonte: 

Ángeles Vázquez salienta que a proposta da Unión Europea para previr as perdas de pellets rebaixará nun 6% a contaminación por microplásticos (Xunta)

A Xunta traslada á Comisión de Peticións da UE a súa inquedanza ante a parálise eólica en Galicia a pesar do interese público superior das renovables en Europa (Xunta)

Detalles de contacto
Alejandro Gesto