AFAGA centra as súas XXI Xornadas Profesionais sobre o Alzheimer na investigación, internacionalización e innovación 🌼🧠 AFAGA · Alzheimer

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

En representación do Concello de Vigo, acompañounos a concelleira de Política Social Yolanda Aguiar, quen se referiu á necesidade de abordar o cambio dos coidados-. “Queremos poñer ás persoas no centro, levar os servizos á persoa e non ao revés e este cambio na lonxevidade non se dá, se non é con dereitos de universalidade, equidade e igualdade de xénero. Grazas a entidades como AFAGA, isto é posible, e por iso o Concello irá sempre da súa man en novos proxectos”.

As xornadas remataron coa intervención do consultor Ángel Rodríguez, quen explicou aos asistentes o proxecto transfronteirizo LongSocial, que cofinancia a Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, e no cal se enmarcan precisamente estas xornadas profesionais. Rodríguez debullou os principais obxectivos desta iniciativa europea para desenvolver accións formativas e intervencións en ambos os lados da fronteira.

Desde AFAGA agradecemos a todos os participantes, relatores e colaboradores que fixeron posible a organización este evento. Xuntos, coa axuda da investigación e a innovación continuaremos traballando para mellorar a calidade de vida dos pacientes e a dos seus familiares e amigos.

Detalles de contacto
Afaga