A Comisión presenta o Libro Branco sobre a defensa europea e o plan ReArmar Europa / Preparación 2030
Bruxelas, 4 de abril de 2025.
A Comisión e a Alta Representante presentaron hoxe un Libro Branco sobre a defensa europea / Preparación 2030. A Comisión tamén presentou, como parte do plan ReArmar Europa / Preparación 2030, un ambicioso paquete de defensa que axuda aos Estados membros da UE para obter o financiamento necesario para impulsar un forte aumento do investimento en capacidades de defensa.
O plan ReArmar Europa / Preparación 2030 reforza as capacidades de defensa paneuropeas con novas vías de financiamento e o Libro Branco esboza unha nova formulación en materia de defensa e determina as necesidades de investimento.
En palabras da presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen: «A era do dividendo da paz fai moito que acabou. A arquitectura de seguridade coa que contabamos xa non pode darse por sentada. Europa está disposta a estar á altura das circunstancias. Debemos investir en defensa, reforzar as nosas capacidades e adoptar unha actitude activa en materia de seguridade. Estamos a tomar medidas firmes ao presentar unha folla de roteiro de “Preparación 2030”, cun aumento do gasto en defensa e importantes investimentos nas capacidades industriais europeas de defensa. Debemos comprar máis produción europea, porque iso significa reforzar a base industrial e tecnolóxica da defensa europea, e tamén estimular a innovación, así como crear un mercado de equipos de defensa a escala da UE».
Estas medidas teñen por obxecto responder á urxencia de apoiar a Ucraína no curto prazo e satisfacer a apremiante necesidade de impulsar a seguridade e a defensa de Europa no longo prazo.
Libro Branco sobre a defensa europea / Preparación 2030
Como anunciou a presidenta Von der Leyen nas súas orientacións políticas, nos últimos anos púxose de manifesto a falta crónica de investimento e dun gasto eficiente nas capacidades militares europeas. Para esbozar a nova formulación e determinar as necesidades de investimento de Europa, a Comisión e a Alta Representante presentaron un Libro Branco sobre a defensa europea / Preparación 2030.
Este Libro Branco presenta solucións para colmar as lagoas críticas en materia de capacidades e crear unha sólida base industrial en materia de defensa. Tamén propón vías para que os Estados membro invistan masivamente nese sector, adquiran sistemas de defensa e reforcen a preparación da industria europea do ramo a longo prazo. Isto é esencial para a seguridade de Europa. Débese investir na seguridade e a defensa do continente, á vez que se segue sostendo a Ucraína para que se defenda da agresión rusa. Para afrontar eficazmente estes retos, o Libro Branco esboza varias liñas de actuación fundamentais:
- Colmar as lagoas en materia de capacidades, centrándose naquelas cruciais definidas polos Estados membro.
- Apoiar o sector europeo da defensa mediante a agregación da demanda e unha maior adquisición conxunta.
- Apoiar a Ucraína mediante unha maior asistencia militar e unha maior integración dos sectores europeo e ucraíno de defensa.
- Desenvolver o mercado da defensa a escala da UE, tamén mediante a simplificación da normativa.
- Acelerar a transformación da defensa mediante innovacións revolucionarias como a intelixencia artificial e a tecnoloxía cuántica.
- Mellorar a preparación europea e poñerse no peor, mediante unha mellora da mobilidade militar, a provisión de materiais e o fortalecemento das fronteiras exteriores, especialmente da fronteira con Rusia e Bielorrusia.
- Reforzar as asociacións con países de todo o mundo con posturas afíns ás nosas.
Plan ReArmar Europa / Preparación 2030
Como anunciou a presidenta Von der Leyen, o Plan ReArmar Europa / Preparación 2030 permite un gasto de máis de 800 000 millóns de euros, que se estruturará ao redor dos piares seguintes:
1. Liberar o uso de financiamento público no ámbito da defensa a nivel nacional
A Comisión convidou aos Estados membro para activar a cláusula nacional de salvaguardia do Pacto de Estabilidade e Crecemento, que lles facilitará unha marxe orzamentaria suplementaria para aumentar o seu gasto en defensa, dentro das normas fiscais da UE. Co fin de salvagardar a sustentabilidade fiscal, as desviacións limitaranse ao seguinte:
- Aumento unicamente do gasto en defensa, partindo da categoría estatística «defensa» da clasificación das funcións das administracións públicas (CFAP);
- ata un máximo do 1,5% do PIB cada ano de activación da cláusula nacional de salvaguardia;
- durante un período de catro anos.
2. Un nuevo instrumento específico de Acción por la Seguridad de Europa (SAFE):
Tendo en conta da actual situación de excepcionalidade, a Comisión recadará ata 150.000 millóns de euros nos mercados de capitais, seguindo o método consolidado de financiamento unificado, para axudar aos Estados membros da UE para aumentar rápida e considerablemente os investimentos nas capacidades de defensa de Europa. Estes fondos desembolsaranse aos Estados membro interesados, previa solicitude, sobre a base de plans nacionais.
Os desembolsos adoptarán a forma de préstamos a longo prazo a prezos competitivos e estruturados de maneira atractiva, que deberán reembolsar os Estados membro beneficiarios. Os préstamos estarán apoiados pola marxe de manobra do orzamento da UE. O instrumento SAFE permitirá aos Estados membros aumentar de forma inmediata e masiva os seus investimentos en defensa mediante a adquisición conxunta no sector europeo de defensa, centrada nas capacidades prioritarias. Isto contribuirá a garantir a interoperabilidade e a previsibilidad, e a diminuír os custos para a creación dunha sólida base industrial de defensa europea. Ucraína e os países da AELC/EEE poderán participar na adquisición conxunta, e será posible comprar produción das súas industrias.
SAFE tamén permitirá aos países adherentes, os países candidatos, os candidatos potenciais e os países que asinasen unha asociación en materia de seguridade e defensa coa UE adherirse á adquisición conxunta e contribuír á demanda agregada. Tamén poderán negociar acordos específicos e mutuamente beneficiosos sobre a participación das súas respectivas industrias en tales adquisicións.
3. Apancamento no Grupo BEI e mobilización de capital privado mediante a aceleración da Unión de Aforros e Investimentos
O plan ReArmar Europa / Preparación 2030 tamén conta con que o Grupo do Banco Europeo de Investimentos amplíe o ámbito dos seus préstamos a proxectos de defensa e seguridade, salvagardando ao mesmo tempo a súa capacidade de financiamento. Ademais de permitir o acceso a unha importante fonte de financiamento, así se enviará un sinal positivo aos mercados.
Por último, o investimento público por si soa non bastará para cubrir as necesidades de investimento do sector de defensa, desde as empresas emerxentes ata as grandes compañías consolidadas. Para iso, a Estratexia da Unión de Aforros e Investimentos, adoptada hoxe pola Comisión, permitirá canalizar o aforro privado cara á contorna máis eficiente dos mercados de capitais e canalizar o investimento cara aos sectores cruciais da economía, como o da defensa, para quen desexe investir neles.
Máis información:
-Libro Branco da defensa europea / Preparación 2030
-Comunicación sobre a integración de maiores gastos de defensa
-Regulamento polo que se establece a Acción de Seguridade para Europa (SAFE)
-Preguntas e respostas sobre o Libro Branco da Defensa Europea / Preparación 2030
-Preguntas e respostas sobre o plan ReArmar Europa / Preparación 2030
-Ficha informativa sobre o Libro Branco da Defensa Europea / Preparación 2030
-Ficha informativa sobre el plan ReArmar Europa / Preparación 2030