A UE prepárase ante o aumento dos conflitos xeopolíticos | FGE

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

Este mes fixámonos nas propostas da Comisión Europea para reforzar a defensa e a seguridade na UE, co foco posto en fomentar unha cultura da “preparación”. A UE pretende apoiar así aos Estados membros a previr e responder ao aumento das tensións e os conflitos xeopolíticos, ás ameazas híbridas e de ciberseguridade, á manipulación da información e á inxerencia por parte de axentes estranxeiros, pasando polo cambio climático e o incremento das catástrofes naturais. 

Libro Blanco sobre a Defensa Europea identifica as necesidades de actuación para apoiar a industria da defensa e garantir, de aquí a 2030, a preparación adecuada ante os peores escenarios militares posibles. O apoio á industria siderúrxica e metalúrxica é outra das medidas propostas a través dun novo plan de acción. E para financiar estas novas prioridades, a UE trata de mobilizar todo tipo de fontes: o orzamento europeo, os orzamentos nacionais mediante unha excepción aos límites de débeda e déficit, o apoio do BEI, os préstamos de capitais e o capital privado. De todo isto falarase no próxima edición do Foro Económico de Bruselas a finais de maio. 

Volvendo a sectores económicos máis tradicionais, a raíz da constitución de senllos grupos de expertos, o do viño e o do automóbil van  beneficiarse de novas medidas europeas para mellorar a súa competitividade. E este mes celebraranse as xornadas anuais europeas en torno aos sectores do turismo, espazo e industrias marítimas

En relación con Galicia, a pesca e a enerxía centraron os encontros do mes pasado entre os representantes políticos galegos e a Comisión Europea, ademais do futuro Fondo Social para o Clima, que explicamos na nosa “Análise FGE”.

No apartado de consultas, salientamos unha de grande interese para á cadea mar-industria galega: a relativa a aumentar a sostibilidade dos continxentes arancelarios.

Boa lectura e feliz Día de Europa este venres, 9 de maio!

Detalles de contacto
Alejandro Gesto