A Fundación Galicia Europa e a D.X. de Xuventude celebran a súa reunión semestral cos stakeholders galegos do proxecto RuralYouthFuture

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

Santiago de Compostela. Xullo de 2025. A FGE organizou, o pasado 22 de xullo, xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e representantes da D.X. de Cohesión e Fondos Europeos, D.X. de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Universidade de Vigo, Cámara de Comercio de Compostela, AECT Eurocidade Chaves-Verín, Asociación de Mozos Empresarios de Ourense, Federación Xuventude Don Bosco e Acción contra a Fame, a reunión de seguimento e posta en común das actividades desenvolvidas no marco do proxecto RuralYouthFuture. Reunión de stakeholders.

A sesión foi presidida pola Fundación Galicia Europa. Nela, puxéronse en común as actividades desenvolvidas nas visitas a Portugal e Galicia, países socios do proxecto RuralYouthFuture, que ten como obxectivo mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil orientadas ao desenvolvemento rural sostible.

Durante as visitas realizáronse actividades que evidenciaron as propostas innovadoras de Portugal para mellorar a empregabilidade xuvenil no medio rural, co propósito de que poidan ser aplicadas en Galicia no futuro. Así mesmo, presentáronse as boas prácticas galegas, que foron destacadas e compartidas ao longo da reunión.

Respecto a Portugal, destacouse a Casa da Juventude de Amarante, unha organización sen ánimo de lucro fundada en 1993 que busca fomentar estilos de vida saudables para a mocidade portuguesa, ou o proxecto Rural Move, movemento que revitaliza as zonas rurais e apoia a quen desexa vivir, traballar ou investir nelas. O seu principal obxectivo é crear un espazo común onde os actores e comunidades rurais poidan reunirse para debater sobre o futuro dos seus territorios e explorar modelos innovadores de desenvolvemento rural cunha visión a longo prazo, entre outras iniciativas.

Respecto a Galicia, compartiuse o proxecto Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa, presentados pola D.X. de Xuventude, programas integrais de formación e mentoring destinados a persoas mozas con estudos de grao ou formación profesional para favorecer a súa transición á vida laboral mediante a mellora de habilidades e competencias na procura de emprego, e cuxos resultados, comentaba Silvia Negreira, subdirectora xeral de Programas para a Xuventude, están a ser moi relevantes. Así mesmo, tamén se presentou o proxecto Innogando, que nace co obxectivo de ofrecer solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade de vida do gandeiro e a rendibilidade das gandarías de todo o mundo, mellorando o benestar animal e a reputación do sector na sociedade. Inclúe a creación e comercialización de Rumi, un smartwatch actualmente dispoñible para vacas, cabras, ovellas e cabalos, que permite aos gandeiros coñecer en tempo real, a través dunha aplicación, a localización dos seus animais e datos sobre a súa actividade.

A iniciativa TourGalia ou o proxecto Mozos Embaixadores Dixitais para PEMEs (DYAS) da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, quen a través de Nerea Pérez permitiu analizar as vantaxes, sinerxías e éxitos da transformación dixital e do empoderamento xuvenil nas rexións rurais e transfronteirizas do norte de Portugal e Galicia.

Ana Adán, en representación de Acción contra a Fame, presentou o programa Vives Aprende Mozos: Escolas Inclusivas de Emprego Galicia 2025. Este trata de reducir o desemprego xuvenil nas zonas rurais de Galicia mediante a creación de itinerarios de emprego para mozos rurais que non estudan nin traballan, con capacitación técnica, orientación e inclusión no benestar para a inserción laboral.

Durante a reunión subliñouse a importancia das visitas aos países socios do proxecto, xa que permiten unha experiencia inmersiva para coñecer de primeira man as realidades e as iniciativas orientadas a mellorar a empregabilidade xuvenil no medio rural.

Unha das partes máis interesantes da reunión foi analizar as melloras do instrumento político e o impacto territorial que o proxecto está a ter en Galicia, entre os socios e partes interesadas. A continuación, detállase un extracto das achegas realizadas polos stakeholders na sesión, impacto territorial que o proxecto RuralYouthFuture promove en Galicia.

Desde a Cámara de Comercio de Compostela, Belén Mendoza explicou como se desenvolveu unha proposta do proxecto liderado pola entidade Visas Iespejas Go Remote, promoción do emprego remoto ou tecnolóxico nos contornos dos núcleos rurais para facilitar a mobilidade. Tamén presentou o proxecto Beautiful Bees, que xurdiu a raíz das conversas mantidas co socio lituano incluído no proxecto anterior, que lles informou desta iniciativa europea que non coñecían e da que estaba publicada a súa primeira convocatoria. Ten como obxectivo acompañar a mulleres novas no mundo rural (“Bees”), especialmente as pertencentes ao colectivo NEET (sen traballo nin educación), en España, Italia e Lituania, proporcionándolles formación e apoio para se converteren en emprendedoras e mellorar a súa empregabilidade.

Breixo Martins, como representante da Universidade de Vigo, expuxo tres programas que xurdiron tras as visitas realizadas, ideas e boas prácticas presentadas polos socios do proxecto RuralYouthFuture. Sinerxías do RuralYouthFuture. O primeiro deles, un proxecto POCTEP, é un campus de inclusión de mozos con discapacidade intelectual na universidade (pendente de decisión). Silver Hub Rural é un proxecto de inclusión e emprendemento de persoas maiores de 50 anos no ámbito rural, pero interxeracional, co apoio da mocidade. Por último, Storcito (Programa Horizonte Europa), que busca mellorar a implantación e creación de emprego no rural e evitar a fuga cara a áreas urbanas.

Tamén AJE Ourense participou activamente na organización da VI Feira de Feás (Carballiño, Ourense), este ano centrada en promover o cooperativismo como fórmula para favorecer a economía nos territorios rurais. Neste momento, están a explorar fórmulas para aproveitar fondos europeos para loitar contra a falta e o problema de aloxamento en aluguer ou compra en zonas do interior de Galicia, mantendo contactos con Rural Move (boa práctica portuguesa), que xa traballou nestes ámbitos con bos resultados.

Para rematar, Víctor Mosquera da Federación Don Bosco de Galicia presentou o seu programa Galicia Moza con Alma. Un programa de mobilidade transnacional xuvenil, dirixido á mocidade máis desfavorecida, inscrita e beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola UE, programa FSE+ Galicia 2021-2027. Estancias formativas noutro Estado (Portugal, Amarante) para mozos de 18 a 30 anos que teñen dificultades para acceder ao emprego ou á formación.

Durante toda a sesión os representantes das diferentes institucións realizaron un frutífero intercambio de ideas e achegas que fixeron aínda máis enriquecedora a reunión.

Sobre RuralYouthFuture

O proxecto “RuralYouthFuture” ten como obxectivo impulsar o emprego xuvenil e garantir postos de traballo accesibles e de calidade para a mocidade das zonas rurais. Para iso, céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da xuventude nos territorios rurais afectados polo descenso poboacional. O proxecto conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.

Cun financiamento de 1,9 millóns de euros, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.

Consulta aquí as novas relacionadas co proxecto.

Detalles de contacto
David Dopazo