Newsletter Galicia-UE | Intensa axenda de Galicia en Bruxelas

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

Chegamos ao último boletín do ano cun intenso balance da actividade europea da Xunta de Galicia en Bruxelas. Nas últimas semanas, a FGE acompañou a diversas autoridades galegas nunha axenda marcada pola defensa dos intereses de Galicia na UE.

Na súa terceira visita do ano, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volveu reivindicar a importancia de que as rexións participen na planificación e xestión dos fondos europeos, ademais de demandar máis recursos para o sector primario de cara ao futuro Marco Financeiro Plurianual 2028–2034. Desde a FGE coordinamos a súa axenda, que incluíu unha reunión cos representantes españois nas dúas institucións que están a negociar este importante expediente: o Parlamento Europeo e o Consello.

Tamén acompañamos á conselleira do Mar, Marta Villaverde, na súa visita a Bruxelas durante as negociacións dos TAC e cotas pesqueiras para 2026, e ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na súa participación no Foro do Corredor Atlántico.

Este final de ano foi tamén intenso no eido comunitario. Tras meses de negociacións, a UE acordou o seu compromiso climático para 2040 e a Comisión Europea publicou a oitava proposta de simplificación lexislativa para tratar de impulsar a competitividade das empresas europeas.

No tocante ao financiamento comunitario, recibimos en Bruxelas a 20 profesionais galegos nunha nova edición do noso curso TecEuropa. E no marco de EuroXuventude, celebramos un encontro virtual Xunta–UE para poñer en común a política europea en materia de Xuventude e o novo Plan Estratéxico da Xuventude de Galicia 2025–2027.

Boa lectura!

Detalles de contacto
María Sabarís