— A iniciativa Vives aprende mozos: escolas inclusivas de emprego de Galicia intégrase na rede de Interreg Europe tras superar con creces os seus obxectivos de inserción xuvenil
Bruxelas, 3 de xuño de 2026. O programa Vives aprende foi recoñecido a nivel europeo tras a súa incorporación á base de datos de boas prácticas de Interreg Europe, unha plataforma de referencia para o intercambio de experiencias e o aprendizaxe entre responsables políticos de distintos países.
Interreg Europe promove esta iniciativa como un exemplo de boas prácticas, recoñecendo así a súa contribución á incorporación dos mozos e mozas ao ámbito laboral no medio rural e á creación de emprego. Así mesmo, o proxecto foi ditaminado por un experto externo como un exemplo de gran práctica europea, quen destacou:
“Esta boa práctica ofrece unha resposta estruturada aos retos aos que se enfrontan os mozos NEET (mozos que nin estudan nin traballan) en zonas rurais, combinando formación técnica, titoría personalizada, apoio ao benestar e orientación laboral. Un aspecto destacable é a súa metodoloxía integrada e centrada no participante, que vincula o desenvolvemento de competencias, o acompañamento, o apoio á busca de emprego e a aprendizaxe no contorno laboral nunha mesma traxectoria. Medidas complementarias como a conectividade dixital e a axuda ao transporte contribúen a reducir as barreiras á participación en contornos rurais. A forte implicación dos empregadores locais garante que a formación se axuste ás necesidades do mercado laboral e facilite a inserción laboral. Os resultados mostran claros efectos positivos na empregabilidade, a obtención de cualificacións e as competencias transversais. Esta práctica ten un gran potencial de transferibilidade grazas ao seu deseño modular, as alianzas locais e o enfoque equilibrado nas competencias técnicas, dixitais e brandas, o que a fai adaptable a outros contextos rurais”.
Resposta a un reto demográfico: rutas de emprego na Estrada
As boas prácticas vinculadas a este proxecto son un elemento importante para a implementación das accións de intervención previstas co obxectivo de realizar proxectos que xeren oportunidades de emprego xuvenil e aumenten as habilidades e competencias da xuventude. Presentada pola Fundación Galicia Europa, a boa práctica, Vives aprende, encargouse de proporcionar rutas de emprego para mozos do rural que non estudan nin traballan, con capacitación técnica, orientación e inclusión no benestar para a inserción laboral.
O proxecto abordou o problema do desemprego xuvenil nas zonas rurais de Galicia, centrándose en mozos de entre 16 e 29 anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil. Esta iniciativa enmárcase, principalmente, na situación específica da comarca da Estrada, que sofre despoboación, falta de oportunidades laborais e un desaxuste entre as cualificacións dos mozos e a demanda do mercado local.
Vives aprende é unha escola de emprego dotada con formación técnica en sectores con alta oferta laboral, orientación social e profesional, mellora das competencias dixitais e prácticas en empresas. Combinínaronse sesións grupais, mentoría individual, obradoiros prácticos, creación de CV e videocorrículum, participación en eventos de emprego e visitas a empresas.
Pola súa vez, os empregadores locais tamén se viron beneficiados debido á súa participación a través de mesas redondas sectoriais, voluntariado corporativo e convenios de prácticas.
Un enfoque innovador con resultados que superan as expectativas
Este proxecto conta cun carácter innovador grazas ao seu modus operandi basado na formación técnica en distintos sectores con apoio personalizado e orientación profesional. O requirir de competencias básicas e servicios dixitais de fácil accesibilidade fai que esta práctica sexa facilmente replicable a outras rexións que o necesiten.
O programa resultou altamente beneficioso logrando unha alta participación entre os mozos e mellorando a empregabilidade. En termos de resultados o 59,6 % dos participantes conseguiu emprego, o 78,57 % obtivo unha cualificación profesional, o 100 % actualizou o seu currículo, o 80 % rexistrouse en plataformas de emprego, o 15,8 % continuou a súa formación académica ou profesional fóra do proxecto. Ademais, os participantes demostraron melloras cuantificables en competencias transversais clave, como a autoconciencia, a responsabilidade, a comunicación e o traballo en equipo.
En xeral, o proxecto Vives Aprende non só cumpriu, senón que superou os seus obxectivos, consolidándose como un modelo de intervención social de alto impacto. En particular, alcanzou o 309% da súa meta de integración laboral, mellorando directamente a vida de 34 mozos e as súas familias.
No proceso, estiveron implicados socios como: Fundación Acción contra el Hambre, entidade promotora e implementadora; Concello da Estrada, como entidade colaboradora e facilitador rexional; empresas locais; organizacións sociais, educativas e de emprego locais.
Interreg Europe e RuralYouthFuture
Interreg Europe é un programa de cooperación interregional que busca reducir as disparidades nos niveis de desenvolvemento, crecemento e calidade de vida dentro das rexións europeas e entre elas. Encárgase de axudar aos gobernos locais, rexionais e nacionais de toda Europa a desenvolver e aplicar mellores políticas, mentres se aseguran de crear un entorno de oportunidades para compartir solucións aos problemas de desenvolvemento rexional. Para iso, apoian o intercambio de boas prácticas e o aprendizaxe de políticas entre rexións europeas nun total de 36 países.
As leccións aprendidas contribúen á mellora das políticas rexionais e a un impacto económico, social e ambiental máis sostible sobre o terreo para as persoas e as comunidades ás que serven.
RuralYouthFuture, un dos proxectos de Interreg Europe, busca mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Esta ambiciosa iniciativa reúne a entidades municipais, rexionais e nacionais co obxectivo común de atender as necesidades específicas dos mozos nas zonas rurais.
Máis información