A UE acorda un obxectivo climático para 2040

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Galicia defende en Bruxelas o papel da pesca e da acuicultura como piar da seguridade alimentaria europea

29/01/2026 |

— A conselleira do Mar participou nun foro internacional no que puxo en valor a achega dos produtos pesqueiros a unha alimentación saudable, sostible e de proximidade, así como o papel das rexións costeiras na definición das políticas comunitarias

— No ámbito internacional, a UE reafirma o seu firme compromiso co Acordo de París e o seu papel como socio líder e fiable na acción climática global

Bruxelas, 29 de xaneiro do 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe en Bruxelas na conferencia internacional “A contribución da pesca e da acuicultura á seguridade alimentaria”, un encontro organizado pola organización ambiental European Bureau for Conservation and Development co apoio da propia Xunta, que tivo lugar na sede do Comité Económico e Social Europea. 

Durante a súa intervención, Villaverde subliñou que a pesca e a acuicultura achegan alimentos de alto valor nutricional, cunha pegada ambiental reducida e cunha capacidade clave para asegurar o subministro de proteína de calidade á cidadanía europea. Neste sentido, lembrou que o peixe é un compoñente esencial dunha dieta equilibrada, ao ser unha fonte fundamental de proteínas de alta calidade, ácidos graxos omega-3, vitaminas e minerais, con beneficios demostrados para a saúde e a prevención de enfermidades.

A responsable autonómica puxo en valor o modelo galego de xestión dos recursos mariños, baseado no coñecemento científico, na sustentabilidade ambiental e no equilibrio cos factores sociais e económicos, e insistiu na necesidade de que a Unión Europea recoñeza o papel das rexións costeiras e do sector pesqueiro, especialmente da pesca artesanal, á hora de deseñar as políticas comunitarias en materia de alimentación, clima e economía azul.

A titular de Mar tamén apelou a reforzar o apoio europeo á pesca como actividade estratéxica para a soberanía alimentaria do continente, destacando que investir nestes sectores é investir en emprego, cohesión territorial e seguridade alimentaria. “Galicia está preparada para contribuír a este debate desde a experiencia, a innovación e unha xestión responsable do mar”, concluíu

Alimentación e sustentabilidade

O encontro, no que Galicia colabora activamente, reuniu en Bruxelas a responsables institucionais, expertos, representantes do sector pesqueiro e acuícola e entidades europeas para analizar o papel da pesca e da acuicultura no contexto actual de incerteza global, cambio climático e tensións nos mercados alimentarios. Ao longo das sesións abordáronse cuestións como a seguridade do abastecemento, a necesidade de políticas baseadas no equilibrio entre sustentabilidade ambiental, social e económica, e a contribución dos produtos do mar a unha alimentación saudable e accesible para a poboación europea.

Fonte: Xunta de Galicia

Recapiti
Vanessa