A vila rexistra 981 persoas paradas na vila, nada que ver coas cerca de 2.500 que se rexistraban hai algo máis dunha década.
Marín, 04 xuño 2026
Ter un posto de traballo digno e estable é fundamental para poder desenvolver un proxecto de vida. A promoción económica e a xeración de oportunidades laborais é un dos eixos de traballo do Goberno local, poñendo en marcha iniciativas como o Obradoiro Dual de Emprego, que se anunciou esta mesma semana; as lanzadeiras de emprego, os programas integrados…
“Todo ese traballo dá os seus froitos, tal e como recollen os datos”, explicou esta mañá o tenente alcalde, Manuel Santos, que informou de que Marín baixou por primeira vez da cifra de 1.000 persoas paradas.
Segundo os datos publicados polo SEPE e compartidos pola Consellería de Emprego, en maio de 2026, o número de persoas desempregadas en Marín situouse en 981, o que supón 36 persoas paradas menos que en abril, onde se chegaba aos 1.017.
“Esta cifra, xunto coa taxa de desemprego que temos e o histórico de datos, consolidando unha tendencia á mellora”, detallou o edil, facendo referencia a que Marín presenta unha taxa de desemprego inferior ao 9%, a máis baixa dos municipios da comarca do Morrazo.
Analizando os datos históricamente, “a redución é moi significativa. Durante a crise económica, superábamos o 23% do desemprego, sobrepasando as 2.500 persoas desempregadas, e desde entón fumos claramente descendendo”. Para o concelleiro, os datos que hoxe saen á luz son “os mellores das últimas décadas”.
Isto, en palabras de Santos, “evidencia a capacidade de xeración de emprego que temos no municipio”.