Boletín financiamento comunitario FG | Nº 2

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Neste novo número do Boletín de Financiamento Comunitario destacamos como o apoio do Programa FEDER Galicia está a impulsar o desenvolvemento de tecnoloxía galega para a prevención e a loita contra os incendios. Proxectos como FastFly contribuíron a acelerar a innovación e atraer talento, dando lugar a solucións como Drone in a Box, desenvolvida polo Instituto Tecnolóxico de Galicia para reforzar a vixilancia dos montes galegos.

Ademais, facémonos eco da chegada a Ferrol da exposición itinerante sobre os 40 anos dos fondos europeos en Galicia e recompilamos unha nova selección de oportunidades de financiamento de interese para Galicia. De cara á volta do verán, avanzamos tamén algúns eventos destacados nos próximos meses.

Recapiti
María Sabarís