— Ao longo dun cume de dous días, os dirixentes da UE reunidos no Consello Europeo adoptaron unhas Conclusións sobre novo pacto para a competitividade europea.
— O pacto busca reforzar o liderado internacional e a soberanía estratéxica da UE nunha serie de ámbitos clave.
Bruxelas, 18 de abril de 2024. Ante unha nova realidade xeopolítica e uns retos cada vez máis complexos, os dirixentes da UE debateron un novo pacto para a competitividade europea destinado a garantir a prosperidade e o liderado a longo prazo da UE e a reforzar a súa soberanía estratéxica
Os dirixentes da UE subliñaron que aplicarían un enfoque integrado en todos os ámbitos de actuación co fin de:
- aumentar a produtividade e o crecemento sostible e integrador;
- construír unha economía sólida, innovadora e resiliente;
- promover o modelo social e económico único europeo para impulsar a dobre transición ecolóxica e dixital e a neutralidade climática da UE.
Para logralo, os dirixentes destacaron a necesidade dun novo pacto para a competitividade, fundamentado nun mercado único plenamente integrado.
Neste contexto, os investimentos e o acceso ao capital son de vital importancia, do mesmo xeito que a necesidade de que a UE reduza as súas dependencias estratéxicas en sectores como a enerxía, as materias primas fundamentais, os semiconductores, a sanidade, o ámbito dixital, os alimentos, as tecnoloxías fundamentais, as substancias químicas, a biotecnoloxía e o espazo.
Para aplicar o pacto, os dirixentes da UE pediron que se avance rapidamente nun conxunto de factores crave da competitividade.
Mercado único
Para profundar o mercado único da UE, os dirixentes da UE pediron:
- a eliminación das barreiras que persisten e a aplicación e o cumprimento plenos das normas en materia de libre circulación;
- a mellora da prestación transfronteiriza de servizos, en particular de servizos horizontais e importantes desde un punto de vista económico, e de bienes de primeira necesidade como os medicamentos, abordando ao mesmo tempo a transparencia nas cadeas de subministración;
- a mellora das conexións de transporte e a mobilidade;
- a eliminación de prácticas desleais, como a calidade dual dos alimentos;
- desenvolvemento dunha nova estratexia para un mercado único modernizado, como moi tarde en xuño de 2025, que aborde os retos en materia de competitividade para as empresas de todos os tamaños, prestando especial atención ás pemes e as empresas emerxentes.
Os dirixentes tamén acolleron con satisfacción a presentación do informe de alto nivel «Much more than a market» [Moito máis que un mercado] por Enrico Letta, presidente do Instituto Jacques Delors, e pediron ás Presidencias actual e futura do Consello que avancen nas recomendacións do informe antes do termo do ano.
Unión dos mercados de capitais
Os dirixentes da UE puxeron de relevo a necesidade urxente de que o Consello e a Comisión avancen rapidamente en todas as medidas definidas que sexan necesarias para crear mercados de capitais europeos verdadeiramente integrados. Para iso, propuxeron:
- harmonizar os aspectos pertinentes dos marcos nacionais de insolvencia empresarial;
- fomentar os investimentos mediante unha converxencia específica de sistemas corporativos;
- volver impulsar o mercado europeo de titulización;
- mellorar a converxencia e a eficiencia da supervisión dos mercados de capitais en toda a UE;
- mellorar as condicións dos investimentos en capital;
- mellorar as opcións de financiamento e saída para as empresas emerxentes en expansión europeas;
- introducir un produto de investimento ou aforro transfronteirizo que sexa sinxelo e eficaz para os investidores comerciantes polo miúdo, e traballar para desenvolver produtos de pensións e de aforro a longo prazo;
- reforzar a alfabetización financeira dos cidadáns;
- revisar e simplificar o marco regulador para reducir a burocracia.
Os dirixentes convidaron á Comisión para avaliar e traballar nas condicións que permitan ás Autoridades Europeas de Supervisión supervisar de maneira efectiva aos axentes transfronteirizos dos mercados financeiros e de capitais de maior importancia sistémica.
Na súa reunión de xuño de 2024, o Consello Europeo examinará os avances e debaterá medidas adicionais para profundar a unión dos mercados de capitais
Industria
Os dirixentes da UE pediron unha política industrial da UE eficaz que:
- descarbonice a industria de maneira competitiva;
- desenvolva a vantaxe competitiva en materia de tecnoloxías dixitais e limpas;
- diversifique e afiance as cadeas de subministración estratéxicas;
- reforce a base tecnolóxica e industrial da defensa europea
Investigación e innovación
Os dirixentes destacaron a necesidade de fomentar unha contorna máis favorable á innovación sobre a base dunha ciencia excelente para que os produtos innovadores cheguen ao mercado con maior rapidez e a gran escala, incrementando ao mesmo tempo o investimento en investigación e desenvolvemento a fin de alcanzar o obxectivo de gasto do 3% do PIB.
Enerxía
Os dirixentes da UE subliñaron que para realizar unha verdadeira Unión da Enerxía, é esencial garantir unha subministración de enerxía abundante, limpa e asequible, que contribúa ao dobre obxectivo da soberanía enerxética europea e a neutralidade climática.
Para iso será necesaria unha transición ambiciosa á enerxía eléctrica na que se utilicen:
- todas as solucións hipocarbónicas e de cero emisións netas;
- flexibilidade;
- un despregamento importante de redes, almacenamento e interconexións e investimentos substanciais.
Economía circular
Os dirixentes pediron que se acrecente a circularidade e a eficiencia no uso dos recursos e que se adopten medidas para aproveitar as posibilidades que ofrece a bioeconomía.
Esto podería axudar a reducir a dependencia dos recursos primarios, especialmente polo que respecta ás materias primas fundamentais
Transformación dixital
A fin de apoiar a transformación dixital, os dirixentes pediron:
- investimentos en infraestruturas dixitais, como a 5G e a 6G;
- a eliminación das barreiras ás actividades transfronteirizas no sector das redes móbiles;
- un maior desenvolvemento de tecnoloxías dixitais transformadoras, como a intelixencia artificial, a tecnoloxía de cadea de bloques e a computación cuántica.
Tamén pediron á Comisión e ao Alto Representante que elaboren unha comunicación conxunta sobre a maneira de reforzar o liderado da UE nos asuntos dixitais mundiais.
Políticas sociais
Para fomentar o emprego de calidade en toda Europa, os dirixentes subliñaron a importancia de acelerar os traballos relativos a:
- a consecución dos obxectivos de emprego para 2030;
- a reciclaxe e o perfeccionamento profesionais e a aprendizaxe permanente;
- a resposta á escaseza de capacidades e de man de obra;
- a garantía da igualdade de oportunidades.
Comercio
Os dirixentes pediron unha política comercial ambiciosa e sostible que:
- apoie o papel central da OMC no sistema multilateral;
- abra os mercados de terceiros países ás empresas da UE;
- defenda os intereses da UE;
- propicie o desenvolvemento de cadeas de subministración resilientes e fiables;
- garanta unhas condicións de competencia equitativas;
- xere oportunidades recíprocas de acceso ao mercado.
Marco normativo
Os dirixentes destacaron a necesidade dun marco normativo que garanta a seguridade xurídica e a previsibilidade, garde a coherencia entre os distintos ámbitos de actuación e estea aberto a formulacións innovadoras, ademais de reducir a carga administrativa para as empresas.
Destacaron a importancia de:
- racionalizar as obrigacións de comunicación e a comunicación de datos;
- manter a iniciativa da Comisión Europea de reducir as obrigacións de comunicación en polo menos un 25%;
- simplificar os procedementos de concesión de permisos e licenzas.
A tal fin, os dirixentes pediron á Comisión que realice avaliacións de impacto e controis de competitividade exhaustivos.
Sector agrícola
Un sector agrícola forte e sostible é fundamental para a seguridade alimentaria e a autonomía estratéxica da UE.
Os agricultores necesitan un marco estable e predicible que os axude á hora de facer fronte aos retos ambientais e climáticos.
En consonancia coas súas anteriores Conclusións dos días 21 e 22 de marzo de 2024, o Consello Europeo pediu que se adopte rapidamente a modificación do Regulamento da PAC e animou ao Consello e á Comisión a que prosigan os seus traballos polo que respecta a:
- aplicar medidas a curto e medio prazo para reducir a carga administrativa;
- reforzar a posición dos agricultores na cadea agroalimentaria;
- velar por unha competencia leal e baseada en normas, a escala mundial e no mercado interior;
- a ampliación proposta do marco temporal sobre axudas estatais e a posibilidade de incrementar o límite máximo das axudas de minimis no sector agrícola;
- aplicar aranceis adicionais a importacións na UE de produtos agrícolas rusos e bielorrusos, tendo en conta ao mesmo tempo as consecuencias para o mercado único e velando por que o tránsito das devanditas mercadorías cara aos países en desenvolvemento non se vexa afectado.
Desinformación
Ante as próximas eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebrarán do 6 ao 9 de xuño de 2024, o Consello Europeo subliñou a determinación da UE e os seus Estados membro de seguir de cerca e conter calquera risco derivado de:
- a desinformación, tamén por medio da intelixencia artificial;
- a manipulación de información por parte de axentes estranxeiros;
- a inxerencia nos procesos electorais.
Contexto
Ao longo dun cume extraordinario de dous días, os dirixentes da UE reunidos no Consello Europeo adoptaron unhas Conclusións sobre Ucraína, Turquía, Oriente Medio e un novo pacto para a competitividade europea.
O Consello Europeo reúne aos líderes dos 27 Estados membros da UE para establecer a axenda política, representando o nivel máis elevado de cooperación política entre os Estados membro da UE.
É unha das sete institucións oficiais da UE, reúnese en cumes (normalmente trimestrais) e encárgase de decidir sobre a orientación e as prioridades políticas xenerais da UE, que marcarán a posterior lexislación e iniciativas políticas comunitarias, aínda que non conta con competencias lexislativas propias.
Tamén establece a política exterior e de seguridade común tendo en conta os intereses estratéxicos da UE, e designa e nomea aos candidatos elixidos para determinados postos destacados da UE.
As reunións extraordinarias do Consello Europeo son convocadas polo presidente do Consello Europeo en Bruxelas se se producen circunstancias excepcionais que requiren a adopción de decisións urxentes.
Ademais das catro reunións habituais ao ano, nas reunións extraordinarias poden adoptarse decisións formais
Máis información: Consello Europeo (Comunicado de prensa)