Boletín de resultados do pleno 161 do Comité das Rexións | FGE

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Na súa última sesión plenaria, celebrada en Bruxelas entre os días 19 e 20 de xuño, os membros do Comité Europeo das Rexións déronlle luz verde a un total de 10 ditames, a cuxos textos contribuíu a Xunta de Galicia con sete emendas. Foi especialmente destacada a aprobación dun ditame relativo ao futuro da política agraria común e de dous sobre o chamamento a establecer un Pacto Azul Europeo, ambos temas abordados en senllos debates.

Tratouse dun pleno de especial interese para Galicia, que recibiu, xunto a outros dous territorios da UE, o premio á Rexión Europea Emprendedora 2025. O encargado de recoller este recoñecemento foi o conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González Vázquez, que representou á nosa rexión xunto co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

Recapiti
Selene García