O Plan de Acción Integrada céntrase na revitalización e mellora dos barrios de Banda do Río Lameira-Casco Vello (ARI), Virxe do Carme, San Pedro e A Cañota, terá un orzamento de 15 millóns de euros e unha fronteira de execución de catro anos. “É a base para o progreso a medio prazo destas zonas da nosa vila”, explicou a alcaldesa, María Ramallo
Marín, 26 febreiro 2025
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, presentou esta mañá o Plan de Acción Integral (PAI) que presentará o Concello de Marín á nova convocatoria de fondos FEDER, unha estratexia de desenvolvemento integral chamada MARÍN 360, cunha inversión total de 15 millóns de euros, dos que poderíanse conseguir 9 millóns das arcas europeas.
A zona de Banda do Río Lameira – Casco Vello (ARI), Virxe do Carme, San Pedro e A Cañota serán as zonas de intervención desta estratexia, incluindo as infraestruturas municipais que hai nelas. “Ademais da creación dun entorno urbano máis acolledor e habitable, o obxectivo é mellorar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética, mellorar a conexión das barriadas co centro e potenciar a súa dinamización social e económica, explicou a rexedora”.
Ramallo explica que concorrer a estas axudas “supón un importante esforzo para definir que queremos mellorar en Marín a medio prazo” e insiste en que conseguir a financiación “será clave para poder realizar inversións que redunden no progreso da vila”.
Mañá, será a Xunta de Goberno Local quen dea luz verde ao documento, para presentalo antes do peche da convocatoria. Despois, haberá que esperar 6 meses a que se resolvan as peticións e se saiba, finalmente, canta axuda destina a UE á estratexia.
Ramallo explica que a senda financeira será para executar ao longo dos próximos catro anos, con posibles prórrogas ata o 2030. “Agora temos claras os espazos nos que queremos investir e as liñas para facelo. Unha vez saibamos canta financiación conseguimos, iremos desenvolvendo os proxectos técnicos para despois arrancar coas licitacións”.
De forma pormenorizada, estes son os proxectos incluídos na estratexia:
Proxecto 1. BANDA DO RÍO-CASCO VELLO. Corredor comercial
- Rexeneración urbana da rúa Lameira – Avenida do Exército e Marina
- Crear un corredor comercial que enlace a Praza de España coa Finca de Briz e facilite o acceso ao paseo do rio Lameira
- Ampliación do espazo peonil e da estructura urbana da rúa
- Dotación de máis arborado para a mellora da calidade do aire
- Rexeneración do tramo do Lameira que discorre descuberto
Marín, Mercado Excelente
- Rehabilitación enerxética do edificio, coa mellora da envolvente, da cuberta, instalación de doble acceso e renovación dos paneis solares
- Mellora da estética e renovación de acabados no interior, para a mellora da acústica e da xestión de cheiros
- Renovación paramentos interiores, do pavimentos e das reixas de evacuación de aguas
Mellora da accesibilidade á Finca de Briz
- Colocación dunha rampa mecánica que facilitará o acceso desde a Rúa Tiro Naval Janer, na intersección coa Rúa Lameira
Proxecto 2. VIRXE DO CARME. Conector ecolóxico e sostible
Integración de dinámicas ecolóxicas no barrio
- Creación dunha zona de transición verde entre o barrio e a senda do río, cun parque lineal de sendeiros accesibles de pavimento permeable, mobiliario urbano e zonas de descanso
Mellora da accesibilidade ao espazo dotacional do entorno do río
- Humanización das vías que conectan o entorno fluvial coa zona central da barriada. Concretamente: R/ Mestre Landín, R/ do Souto, R/ Busto de Abaixo e R/ Calzada
Rehabilitación enerxética e da accesibilidade no pavillón do Sequelo
- Mellora total da eficiencia, conseguindo a calificación enerxética global C e un aforro estimado do consumo dun 48%
Proxecto 3. SAN PEDRO. Rexeneración urbana.
Humanización do espazo público
- Aumento da superficie peonil, ampliando beirarrúas ou vías peonís de plataforma única
- Reordenación do tráfico e do estacionamento, que podrán incluir zonas específicas para residentes e zonas azuis gratuítas (sistema 2H) para garantir a rotación
- Inclusión de espazos de sombra e pavimentos permeables
- Recuperación de espazos públicos degradados para aumentar os lugares de estancia e encontro veciñal
- Mellora da accesibilidade xeral do barrio
Modernización dos equipamentos deportivos
- Estadio Municipal de San Pedro: construcción de novas gradas, mellora da calidade e estética do cerramento do recinto e optimización da eficiencia enerxética
- Pavillón da Raña: mellora da eficiencia enerxética, para reducir o gasto nun 30% e cambiar de letra de certificación
Mellora da conectividade peonil entre o barrio e o núcleo urbano (PO-313 / Rúa Jaime Janer ata o encontro coa Rúa do Souto)
- Creación dunha zona de velocidade reducida, con ampliación da superficie peonil
- Mellora da mobilidade sostible e a accesibilidade
- Disposición de zonas de estancia e puntos de encontro
- Máis arborado e espazos de vexetación para garantir sombra
- Renovación dos servizos de abastecemento e saneamento
Creación dunha comunidade enerxética en San Pedro
- Instalación dun sistema de autoconsumo colectivo de módulos fotovoltaicos nas cubertas dos principais equipamentos públicos
- Sistema de proporción de todo o excedente de enerxía eléctrica renovable producida ás familias máis vulnerables do barrio
- Proceso de dinamización social e participación cidadá para formar e informar á veciñanza sobre medidas de aforro e eficiencia enerxética
Proxecto 4. A CAÑOTA. Calidade urbana e integración
Rexeneración do espazo comunitario
- Ampliación da superficie verde e dos espazos de sombra da praciña central do barrio, dotándoa de elementos da cultura mariñeira local
- Rehabilitación das rúas, mellorando a accesibilidade e dotándoas de medidas de calmado do tráfico
- Mellora das “zonas de borde” que conectan a barriada cos seus extremos, creando zonas verdes de desfrute
- Creación de obradoiros veciñais
Rehabilitación enerxética e modernización do local municipal
- Mellora a nivel enerxético, garantindo un aforro do 30%
- Posibilidade de incorporar unha cuberta vexetal
Mellora da integración e conexión peonil co centro
- Intervención das R/ da Cañota e Carballiño para:
○ Facelas máis seguras e accesibles
○ Favorecer a mobilidade sostible con zonas de velocidade reducida
○ Máis vexetación e arborado
○ Posibilidade de carril bici que conecte co da Avenida de Ourense
Proxecto 5. SMART MARÍN. Tecnoloxías aplicadas á xestión de infraestruturas municipais.
Dixitalización integral de instalacións deportivas
- Software que permita a administración integral das instalacións: reservas online, control de accesos e xestión de usuarios
- Sistema de mantemento predictivo
- Control intelixente da ilumnación e climatización segundo a ocupación e os horarios de reserva
- Monitorización 24/7
Telelectura de contadores de auga
- Piloto inicial nos barrios de MARÍN360
- Instalación de contadores intelixentes nos fogares que permitan a lectura remota en tempo real do consumo de auga, facilitando a detección de fugas e a optimización da rede
- Aplicación móbil para a monitorización individual do uso da auga e recibir alertas sobre consumos excesivos
Plataforma de control do alumeado público
- Xestión dos cadros eléctricos obtendo parámetros en tempo real para mellorar a eficiencia enerxética e a calidade do servizo
- Mellorar a calidade da iluminación urbana
- Optimizar as tarefas de mantemento
Plataforma de xestión integral de incidencias urbanas
- Xestión eficiente e participativa das incidencias, mellorando a comunicación cos cidadáns e o servixo público
- Panel para a cidadanía
- App para os operarios, que recibirán avisos das incidencias asignadas e un sistema de notificacións sobre o estado da avaría