A Xunta aproba a primeira Estratexia Galega contra o Idadismo, tras tres anos de traballo previo coa Cátedra de Idadismo Afaga-Atendo e outros partners 🌼🧠 AFAGA · Alzheimer

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia celebrado onte, 31 de mazo, aprobou un informe sobre a primeira Estratexia Galega contra o Idadismo, con vixencia para o período 2025-2031. Este documento, en cuxo traballo previo durante tres anos colaborou AFAGA e a Cátedra de Idadismo Afaga-Atendo da Universidade de Vigo, inclúe medidas para cambiar a percepción negativa do envellecemento, asegurar a equidade nos servizos e promover as relacións entre distintas xeracións, co obxectivo de eliminar a discriminación por idade e fomentar unha sociedade máis inclusiva, onde as persoas maiores conten con plena participación e dereitos.

O informe estrutúrase en tres grandes liñas: intervencións interxeracionais, actividades educativas, política e lexislación, e avanza un orzamento de 520.000 euros para realizar as primeiras medidas en 2025/26 como a creación dun Comisionado Autonómico para corrixir rumbos idadistas en políticas públicas e lexislación. Nos seguintes anos ata 2031 están previstas, entre outras medidas, unha certificación de centro educativo inclusivo, guías para a defensa das persoas maiores como consumidoras ou a incorporación de actuacións preventivas de idadismo na contratación pública.

Este logro responde directamente ao chamado da World Health Organization co Informe Mundial sobre o Idadismo como marco de acción e do European Economic and Social Committee, que insta a todos os Estados membros a adoptar estratexias concretas para eliminar o idadismo.

Para AFAGA e a Cátedra de Idadismo que impulsamos con Atendo, a aprobación deste informe é un paso crucial cara a unha Europa máis xusta e inclusiva para todas as idades, con xerme en Galicia, unha das rexións máis lonxevas do mundo.

Recapiti
Afaga