AFAGA e o Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense únense para mellorar a saúde bucodental das persoas con deterioración cognitiva 🌼🧠 AFAGA · Alzheimer

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) e o Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense asinaron un convenio de colaboración para desenvolver accións conxuntas enfocadas a mellorar a prevención, o diagnóstico e o seguimento clínico da saúde bucodental das persoas con deterioración cognitiva e da súa contorna familiar e convivencial, con motivo da crecente evidencia da relación existente entre as enfermidades periodontales e as enfermidades neurodegenerativas.

O acordo, alcanzado o pasado 1 de setembro, inclúe a posta en marcha de campañas de sensibilización e capacitación comunitarias, así como de obradoiros e conferencias divulgativas no ámbito da saúde cerebral, o impacto do Alzheimer e as demencias, o apoio á autonomía e os coidados, a inclusión cognitiva ou proxectos de investigacións biomédicas, entre outros. Tamén, o deseño e execución de proxectos de investigación e innovación que permitan ampliar o coñecemento científico sobre a materia.

Co obxectivo de lograr unha mellor abordaxe da patoloxía, ambas entidades cooperarán ademais para formar nesta área aos seus profesionais, defender os dereitos das persoas afectadas e coidadoras e traballar na desestigmatización das demencias na sociedade. Farano a través da difusión de información de interese común nas súas canles de comunicación, mediante a participación en actividades, obradoiros e eventos ou a cesión de espazos. Tamén ofrecendo apoio en accións de incidencia ante autoridades sanitarias e sociais.

O presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), Juan Carlos Rodríguez, e a presidenta do Colexio Oficial de Dentistas de Pontevedra e Ourense, Adriana Sanz, durante a firma.

Recapiti
Afaga