Neste curso centrámonos na ocupación na vellez e a súa importancia para conservar a autonomía persoal, abordando a problemática da disfunción ocupacional nesta etapa da vida e as súas posibles consecuencias, como a perdida de autonomía, a diminución da percepción de utilidade, a redución da participación social e do benestar xeral do adulto maior, debido a limitacións físicas, cognitivas, psicolóxicas ou ambientais.
Afondamos tamén no coñecemento das Actividades da Vida Diaria (AVD) e nos produtos de apoio, así como na valoración funcional en xerontoloxía e a dependencia, e aportamos estratexias e metodoloxías de intervención, ademais de ferramentas para fomentar a ocupación significativa e a autonomía tanto en persoas maiores como en persoas con demencia.