— A presidenta Von der Leyen tamén enviou unha carta de intencións onde detalla as medidas que a Comisión ten previsto adoptar o ano próximo mediante lexislación y outras iniciativas.
Bruxelas, 10 de setembro de 2025. No seu discurso sobre o estado da Unión do 10 de setembro de 2025, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, compartiu as prioridades esenciais e os proxectos emblemáticos para o próximo ano, partindo dos avances acadados pola UE nos últimos anos.
Desde decembro de 2024, a nova Comisión Europea centrouse en conseguir que Europa sexa máis forte e resiliente. Impulsou a economía, investiu en competencias e vivenda, e apoiou a innovación en ámbitos como as tecnoloxías limpas e a intelixencia artificial. Ao mesmo tempo, a UE consolidou as asociacións mundiais, asumindo unha maior responsabilidade na súa propia defensa e respaldando firmemente a Ucraína.
No seu discurso, a presidenta Ursula von der Leyen expuxo as principais prioridades e iniciativas emblemáticas para o próximo ano.
Competitividade
Folla de ruta do mercado único ata 2028
Lei de Aceleración da Industria
Paquetes de simplificación
Lei do 28.º Réxime e de Innovación Europea
Paquete de medidas sobre as redes eléctricas europeas
Lei de desenvolvemento da computación na nube e da intelixencia artificial da UE
Defensa e seguridade
Iniciativa de vixilancia do flanco oriental
Folla de ruta para a preparación en materia de defensa europea e o Semestre Europeo da Defensa
Modificación do Regulamento sobre a Garda Europea de Fronteiras e Costas
Novas normas sobre a loita contra a delincuencia organizada e novo réxime de sancións contra os traficantes e tratantes de persoas
Revisión do Regulamento de Europol
Xustiza social europea
Estratexia para as Rexións Ultraperiféricas e programa para as cidades
Iniciativa de portabilidade das capacidades
Plan de vivenda accesible
Estratexia Europea de Loita contra a Pobreza
Lei de Empregos de Calidade
Estratexia para a Igualdade de Xénero
Calidade de vida
Plan europeo de adaptación ao cambio climático
Iniciativa sobre o relevo xeracional na agricultura
Estratexia gandeira que inclúa elementos sobre benestar animal
Paquete de simplificación relativo á alimentación
Lei do Océano
Democracia e os nosos valores
Escudo Europeo da Democracia
Lei de Equidade Dixital
Programa de resiliencia dos medios de comunicación
Estratexia anticorrupción
Plan de Acción contra o Ciberacoso
Unha Europa global
Comunicación no ámbito humanitario
Pacto polo Mediterráneo
Asociación estratéxica UE-India
Carta de intencións
A Comisión presentou a súa carta de intencións do 10 de setembro de 2025, publicada tras o discurso sobre o estado da Unión. Nela, a Comisión expón as iniciativas de grande importancia política para o próximo ano, antes de adoptar o seu programa de traballo para 2026.
A Comisión presentou as seguintes prioridades clave para o ano próximo:
un novo plan para a prosperidade e a competitividade sostibles en Europa;
unha nova era para a seguridade e a defensa europeas;
apoiar ás persoas e reforzar as nosas sociedades e o noso modelo social;
manter a nosa calidade de vida: seguridade alimentaria, auga e natureza;
protexer a nosa democracia, defender os nosos valores;
Europa no mundo: aproveitar ao máximo o noso poder e as nosas asociacións.
Máis información: Discurso do estado da Unión e Carta de intencións