Máis de 30 novas balizas turísticas cun código QR achegarán información actualizada aos visitantes dos recursos máis importantes da vila - Concello de Marín

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo

Marín, 26 novembro 2025

A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan.

Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.

Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es

Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:

Patrimonio Cultural:

  • Praza de Abastos
  • Museo Municipal Manuel Torres
  • Museo do Mar
  • Paseo Alcalde Blanco
  • Capela das Sete Espadas
  • Templo Vello + casco antigo de Marín
  • Igrexa de Santa María do Campo
  • Igrexa de Santa María do Porto
  • Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea
  • Igrexa de Santa María de Ardán
  • Igrexa de Santomé de Piñeiro
  • Igrexa de San Xulián
  • Igrexa de San Diego
  • Igrexa de Seixo
  • Igrexa Evanxélica de Seixo
  • Igrexa Evanxélica de Marín

Costa:

  • Praia de Portocelo
  • Praia de Mogor
  • Praia de Aguete
  • Praia de Loira
  • Praia do Santo
  • Praia da Coviña
  • Praia de Ribeira

Espazos Verdes:

  • Finca de Briz
  • Lago de Castiñeiras
  • Fervenzas de Neibó
  • Parque da Brea
  • Miradoiro de Portocelo
  • Miradoiro de Mogor
  • Miradoiro de Pastoriza
  • Miradoiro do Cruceiro do Vento
  • Miradoiro da Moreira
  • Miradoiro da Teoira

Arte rupestre:

  • Petróglifos de Mogor
  • Menhir de Currás

*No caso do Castro da Subidá non se colocou porque xa conta cunha sinaléctica turística renovada.

Recapiti
Concello de Marín