— A convocatoria establece as bases para que organizacións e entidades de toda Europa presenten propostas de proxectos que fomenten actividades de voluntariado, proxectos solidarios, accións en equipo en ámbitos de alta prioridade e iniciativas de apoio á axuda humanitaria
Bruxelas, 16 de decembro de 2025 – A Comisión Europea aproba un orzamento global reforzado de 175,3 millóns de euros para 2026 co obxectivo de celebrar os 30 anos do voluntariado europeo e os 10 anos do Cuerpo Europeo de Solidariedade, unha das iniciativas máis emblemáticas de solidariedade e participación xuvenil da UE.
Nesta convocatoria, publicada no Diario Oficial da Unión Europea, establécense as bases para que organizacións e entidades de toda Europa presenten propostas de proxectos que fomenten actividades de voluntariado, proxectos solidarios, accións en equipo en ámbitos de alta prioridade e iniciativas de apoio á axuda humanitaria tanto en Europa como no exterior, promovendo valores como a inclusión e diversidade, a sustentabilidade medioambiental, a transformación dixital e a participación democrática (que son as catro prioridades transversais do programa para o período 2021-2027).
Accións incluídas na convocatoria e datas límite de solicitude
A convocatoria abrangue as seguintes accións do programa:
- Proxectos de voluntariado:
- Primeria rolda: data límite, 18 de febreiro de 2026.
- Segunda rolda: data límite, 1 de outubro de 2026.
Equipos de voluntariado en ámbitos de alta prioridade. Data límite: 3 de marzo de 2026.
Proxectos solidarios:
- Primeira rolda: data límite, 18 de febreiro de 2026.
- Rolda opcional: data límite, 7 de maio de 2026.
- Segunda rolda: data límite, 1 de outubro de 2026.
Selo de Calidade para actividades de voluntariado solidario: sen data límite de solicitude. Poden solicitarse de xeito continuo ao longo de 2026.
Selo de Calidade para voluntariado en axuda humanitaria. Data límite: 22 de setembro de 2026.
Voluntariado no marco do Corpo Europeo de Axuda Humanitaria. Data límite: 23 de abril de 2026.
Solicitude
Para participar, as organizacións deben rexistrarse no portal do Cuerpo Europeo de Solidaridade e consultar a Guía do Programa 2026, que detalla condicións, criterios e modalidades de financiamento. Máis información aquí.