Bolsa Galicia Europa 2026 - Fundación Galicia Europa

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

A Fundación Pública Galicia Europa convoca unha bolsa bolsa de formación dirixida a persoas tituladas no eido da comunicación para a realización de prácticas na oficina da FGE en Bruxelas. 

 A bolsa ten unha duración de 11 meses, con incorporación prevista para mediados de marzo de 2026.

Principais requisitos

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia, mediante empadroamento.
  3. Estar en posesión dun título universitario oficial de grao en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

Proceso de selección 

  1. Valoración de méritos. Máximo 40 puntos.
    • Expediente académico: 10 puntos
    • Titulacións a maiores da titulación esixida para acceder á bolsa: 7 puntos
    • Mestrado: 6 puntos
    • Cursos: 5 puntos
    • CELGA 4: 2 puntos
    • Coñecemento de idiomas (inglés e francés: 10 puntos)
  2. Entrevista persoal. Máximo 10 puntos.

IMPORTANTE! Documentación complementaria

Prégase ler con atención o artigo 7 da convocatoria referido á documentación que debe axuntarse á solicitude electrónica, especialmente:

  • Un currículum vitae, preferentemente en formato Europass
  • A relación de méritos puntuables (anexo II) coa súa correspondiente acreditación: 
    • Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con indicación da nota media simple obtida.
    • Certificados de cursos con duración superior a 20 horas
    • Celga 4
    • Títulos oficiais que acrediten o nivel de inglés e/ou francés
  • No caso de nacionais da UE residentes fóra de España, copia do pasaporte.
  • Para aqueles solicitantes que pretendan acreditar á filiación de proxenitores galegos, copia do libro de familia ou documento equivalente.
  • No caso de presentar un título académico estranxeiro, copia da homologación ou validación do título.

Cronograma orientativo do proceso de selección

  • Presentación de solicitudes: 13/01-12/02/2026
  • Publicación da lista provisional de admitidos: 19/02.
  • Publicación da lista definitiva de admitidos e publicación da lista provisional de puntuacións dos méritos: 06/03
  • Publicación da lista definitiva de puntuacións e publicación das persoas que pasan á fase de entrevista: 12/03
  • Entrevista: 16/03
  • Publicación no DOG e notificación electronica da adxudicación: 18/03

Convocatoria 

 DOGA de 12 de xaneiro de 2026

Solicita esta bolsa na sede electrónica da Xunta de Galicia antes do 19 de febreiro

Preme aquí

Detalles de contacto
Vanessa