Compatibilidad
Ahorrar(0)
Bolsa Galicia Europa – 2026-
A Fundación Pública Galicia Europa convoca unha bolsa bolsa de formación dirixida a persoas tituladas no eido da comunicación para a realización de prácticas na oficina da FGE en Bruxelas.
A bolsa ten unha duración de 11 meses, con incorporación prevista para mediados de marzo de 2026.
Principais requisitos
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia, mediante empadroamento.
- Estar en posesión dun título universitario oficial de grao en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas, obtido nos últimos sete anos.
Proceso de selección
- Valoración de méritos (40 puntos máx.)
- Expediente académico: 10 puntos
- Titulacións a maiores da titulación esixida para acceder á bolsa: 7 puntos
- Mestrado: 6 puntos
- Cursos: 5 puntos
- CELGA 4: 2 puntos
- Coñecemento de idiomas (inglés e francés: 10 puntos)
- Entrevista persoal. (10 puntos máx.)
IMPORTANTE! Documentación complementaria
Prégase ler con atención o artigo 7 da convocatoria referido á documentación que debe axuntarse á solicitude electrónica, especialmente:
- Un currículum vitae, preferentemente en formato Europass
- A relación de méritos puntuables (anexo II) coa súa correspondiente acreditación:
- Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con indicación da nota media simple obtida.
- Certificados de cursos con duración superior a 20 horas
- Celga 4
- Títulos oficiais que acrediten o nivel de inglés e/ou francés
- No caso de nacionais da UE residentes fóra de España, copia do pasaporte.
- Para aqueles solicitantes que pretendan acreditar á filiación de proxenitores galegos, copia do libro de familia ou documento equivalente.
- No caso de presentar un título académico estranxeiro, copia da homologación ou validación do título.
Cronograma orientativo do proceso de selección
- Presentación de solicitudes: 13/01-12/02/2026
- Publicación da lista provisional de admitidos: 19/02.
- Publicación da lista definitiva de admitidos e publicación da lista provisional de puntuacións dos méritos: 06/03
- Publicación da lista definitiva de puntuacións e publicación das persoas que pasan á fase de entrevista: 12/03
- Entrevista: 16/03
- Publicación no DOG e notificación electronica da adxudicación: 18/03
Convocatoria
Solicita esta bolsa na sede electrónica da Xunta de Galicia antes do 19 de febreiro
Preme aquí
Vanessa