Aberto o prazo de solicitude da bolsa de prácticas de I+D+i na FGE

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

Galicia defende a participación autonómica no fondo da UE para o asilo, a migración e a integración

28/01/2026 |

— Valora positivamente o aumento previsto do financiamento europeo para migración, fronteiras e seguridade, que a Comisión Europea propón triplica a partir de 2028. 

— Lembra que as comunidades autónomas teñen competencias clave na integración laboral, educativa e sanitaria das persoas migrantes, polo que deberían formar parte da gobernanza do futuro fondo 

Bruxelas, 27 de xaneiro de 2026. — O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na Comisión de de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións, onde se debateu sobre a proposta de Fondo da UE para o Asilo, a Migración e a Integración (FAMI) 2028‑2034. Gamallo salientou a importancia de reforzar un sistema europeo sólido, coordinado e preparado fronte aos retos migratorios, polo que deu a benvida á intención da Comisión Europea de triplicar,  a partir de 2028, os fondos europeos destinados aos asuntos de Interior (migracións, fronteiras e seguridade).

O futuro FAMI contribuirá a poñer en marcha o Pacto Europeo sobre Migración e Asilo, que entra en vigor a mediados deste ano. En concreto, pretende reforzar o Sistema Europeo Común de Asilo, mellorar os procedementos de retorno e loita contra a migración irregular, impulsar a migración legal e a integración efectiva, e contribuír a un reparto equilibrado de responsabilidades entre Estados membros.

Os membros de CIVEX salientaron a necesidade de introducir mecanismos legais para a participación de rexións e municipios na xestión deste fondo. A este respecto, Jesús Gamallo sinalou que, malia as competencias da comunidades autónomas en materia de integración laboral, educativa e sanitaria dos migrantes, estas non participan no programa nacional do actual FAMI 21-27. “A inclusión do FAMI nun plan nacional único xunto cos fondos de cohesión, agricultura e pesca, ofrece unha boa oportunidade para aunar sinerxías entre as actuacións a nivel nacional e autonómica en materia de integración das persoas migrantes”, destacou o director xeral.

Nova estratexia da UE para o mar Negro 

A comisión CIVEX aprobou tamén o ditame sobre o Enfoque estratéxico da UE para a rexión do mar Negro, unha área de enorme relevancia xeopolítica para a UE. Jesús Gamallo valorou positivamente esta visión estratéxica, que reforzará a cooperación con países como Ucraína, Moldavia, Xeorxia ou Turquía e áreas como seguridade, a conectividade e a adaptación climática.

Por outro lado, os membros de CIVEX debateron sobre o estado do proceso de ampliación da UE cara o Leste con motivo da publicación dos informes que dan conta das candidaturas dos Balcáns Occidentais e Turquía, por un lado, e de Ucraína, Moldavia e Xeorxia, por outro. O CdR presta unha especial atención aos procesos de descentralización nestes países candidatos e á autonomía e reforzo das capacidades dos entes locais.

 Contexto

O Comité Europeo das Rexións representa os entes locais e rexionais da Unión Europea,  e asesora sobre aquelas políticas e lexislacións que teñen un impacto directo sobre eles. Galicia conta cun membro titular e un suplente nesta asemblea política composta por 329 membros e os seus respectivos suplentes.

No actual mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións (CDR), Galicia participa na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na Comisión de Política Económica (ECON). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía.

Máis información: Nota de prensa do CdR

Detalles de contacto
Vanessa