Celebración do Día de Europa en Galicia - Fundación Galicia Europa

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

Charla no Colexio Pluriligüe Padre Feijoo-Zorelle de Ourense (escola embaixadora do Parlamento Europeo)

06/05/2026 |

— Máis de 45 alumnos participan nunha charla divulgativa sobre o funcionamento da UE e as oportunidades que ofrece á mocidade, organizada en colaboración coa Fundación Galicia Europa

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026. Europe Direct Galicia organiza, xunto á Fundación Galicia Europa, unha actividade divulgativa sobre a Unión Europea dirixida ao alumnado do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle de Ourense, centro participante no programa Escolas Embaixadoras e Mentoras do Parlamento Europeo.

A sesión foi impartida por Adriana Novo, da Fundación Galicia Europa, quen achegou ao alumnado cuestións relacionadas co funcionamento da Unión Europea, as súas institucións e as oportunidades que ofrece á cidadanía, especialmente á mocidade.

Durante a charla abordáronse tamén temas como os programas europeos de mobilidade, participación e formación, así como o impacto da Unión Europea na vida cotiá.

Sobre Europe Direct Galicia

Europe Direct Galicia é un dos centros oficiais de información da Unión Europea en Galicia, xestionado pola Fundación Galicia Europa co apoio da Comisión Europea para o período 2026-2030. Forma parte da rede Europe Direct en España, integrada á súa vez nunha rede europea de centros presentes en toda a Unión que actúan como principal punto de contacto entre a UE e a cidadanía.

Europe Direct Galicia é o primeiro centro Europe Direct de ámbito autonómico na rexión galega e ten como obxectivo achegar a información europea á sociedade de maneira clara, accesible e adaptada ao contexto local. A través deste centro, a cidadanía pode acceder a información sobre as políticas, programas e prioridades da UE e participar no diálogo sobre o impacto e as oportunidades que ofrece a Unión Europea a nivel local.

Detalles de contacto
David Dopazo