XX Xornadas Profesionais de AFAGA 🌼🧠 AFAGA · Alzheimer

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

O pasado sábado celebramos a vixésima edición das nosas Xornadas Profesionais sobre Alzhéimer, un dos fitos que máis nos enorgullece cada ano. Este evento anual, que reúne a profesionais e estudantes do ecosistema sociosanitario de toda Galicia, continúa sendo un referente na procura constante de solucións e avances na loita contra o alzhéimer.

A primeira ponencia, ‘Novas estratexias de diagnóstico en demencias’, foi impartida por José Mª Martínez Yriarte, médico responsable da Área de Coñecemento de Neuroloxía e Demencias do Laboratorio de Análisis Clínicos do Área Sanitaria de Vigo, e Mª José Moreno, neuróloga da Unidade de Demencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e profesora asociada da USC. Ambos expertos compartiron os seus coñecementos e arroxaron luz sobre as últimas innovacións no diagnóstico temperán das demencias, abrindo un camiño crucial para unha atención máis efectiva e adaptada ás novas realidades das demencias.

Carlos Spuch, Investigador Sénior do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, liderou a segunda conferencia sobre “Novos tratamentos farmacolóxicos para novas realidades”. A súa charla ofrecía perspectivas emocionantes sobre como será posible abordar o alzhéimer cos novos fármacos que poderían chegar ao noso mercado e que conseguen ralentizar o avance da enfermidade, ofrecendo así esperanza a aqueles que buscan avances terapéuticos nesta área.

O terceiro segmento do evento explorou o fascinante mundo da tecnoloxía aplicada á atención das demencias. Pablo Campo, fisioterapeuta especializado en envellecemento e Parkinson, xunto con Marcos Alonso, Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas, presentaron a conferencia “Realidade virtual e outras intervencións tecnolóxicas innovadoras“. O seu enfoque demostrou como a tecnoloxía de realidade virtual unida á gamificación da terapia pode converterse nunha aliada poderosa, ofrecendo novas vías de intervención e mellora na calidade de vida daquelas persoas que viven con alzhéimer.

A xornada culminou coa conferencia de Gonzalo Soliño, psicólogo sanitario de AFAGA Alzhéimer, titulada “Alzhéimer en primeira persoa”. Soliño compartiu perspectivas valiosas dende a trincheira, ofrecendo unha visión única sobre como experimentan a enfermidade aqueles que a viven día a día, contando incluso cun vídeo con testemuños directos de persoas que padecen esta enfermidade. Esta ollada íntima lembrou a todos os presentes a importancia da empatía e a comprensión na atención a persoas con alzhéimer.

La ponencia fue clausurada por la concejala de Política Social, Yolanda Aguiar, quien una vez más mostró su compromiso con AFAGA y con la creación de una red de atención más cercana para las personas con demencia.

En AFAGA queremos agradecer a todos los participantes, ponentes y colaboradores por hacer posible este evento tan significativo. Juntos, continuaremos marcando la diferencia en la vida de aquellos afectados por el alzhéimer y otras demencias neurodegenerativas.

Detalles de contacto
Afaga