Novas guías sobre financiamento comunitario e mobilidade xuvenil

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

— A Guía de Estágios e saídas profissionais na União Europeia e organizações internacionais está dirixida á mocidade e resume as principais bolsas e oportunidades laborais no ámbito internacional.

— A Guía de Financiamento Comunitário recolle as principais liñas do programa Horizonte da Comisión Europea para o período 2021-2027.

— Ámbalas dúas guías están publicadas no marco do proxecto europeo Eurocidade 2030 e supoñen un traballo de adaptación e tradución ao portugués da versión xa existe destas guías en galego.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025. Seguindo o seu compromiso coa xuventude e con achegar as oportunidades de financiamento europeas á sociedade, a Fundación Galicia Europa vén de publicar dúas extensas guías en portugués dirixidas á fomentar a mobilidade xuvenil e a participación en proxectos europeos: a Guia de financiamento comunitário e a Guia de estágios e saídas profissionais na União Europeia e organizações internacionais. 

As guías son unha tradución e adaptación ao portugués das versión xa publicadas en galego e castelán con anterioridade. Neste ocasión, están orientadas ao público portugués, máis concretamente á cidadanía da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal da que forma parte a Eurocidade Chaves-Verín, destinataria do proxecto Europeo Eurocidade 2030, no que se enmarcan estas publicacións e no que participa a FGE. 

Eurocidade 2030 busca achegar as dúas realidades da fronteira entre Galicia e Portugal derrubando obstáculos e amplificando a colaboración institucional e social a través de iniciativas de cooperación territorial, como o son estas guías. A Fundación Galicia Europa entende fundamental a necesidade de dotar con ferramentas a ámbolos lados da fronteira para axudar á súa dinamización económica e laboral. Ademais, a través do seu perfil #Euroxuventude, a FGE anima á mocidade transfronteiriza á participar activamente do proceso de construción europeo. 

Guía de bolsas e saídas profesionais

A Guía de Estágios e saídas profissionais na União Europeia e organizações internacionais é un compendio de información detallada sobre bolsas, programas internacionais de formación e académicos, e a aprendizaxe de idiomas. Está dirixida á mocidade e divídese en cinco apartados: bolsas e estadías internacionais, bolsas de estudo, oportunidades laboráis no estranxeiro, aprendizaxe de idiomas e outras utilidades como a introdución ao Europass (o CV da UE) ou a rede Eures de emprego.  

En cada un dos apartados recóllese información relevante sobre prazos, postos dispoñibles, proceso de selección ou requisitos para presentarse ás principais bolsas da Unión Europea e das organización internacionais máis relevantes, como a ONU ou a OCDE. Así mesmo, ofrece unha recompilación das principais oportunidades laborais nas devanditas organizacións internacionais, así como bolsas internacionais e oportunidades para o estudo de másters, posgraos ou de idiomas. 

Guía de financiamento comunitario 

Pola súa banda, a Guia de financiamento comunitário, está dirixida a entidades públicas e privadas que aspiran a obter financiamento comunitario para os seus proxectos. No documento explícase con detalle o marco financeiro 2021-2027, así como os fondos comunitarios na práctica. Ademais inclúese un manual de elaboración de proxectos europeos e fichas resumo de 43 programas de financiamento comunitario.  

Debido ás múltiples especificidades para presentar unha proposta ás convocatorias, a guía inclúe un manual para a elaboración e posta en marcha de proxectos financiados por este tipo de programas. Así, figuran consellos e recomendacións para elixir socios doutros países europeos, preparar a documentación ou comunicar o proxecto. Inclúe tamén os puntos de contacto dos principais programas en Portugal.  

Eurocidade 2030

O obxectivo xeral da Eurocidade 2030 está aliñado co do programaPoctep(Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal), que buscapromover a posta en valor e o atractivo dos territorios transfronteirizose contribuír ao benestar dos cidadáns que viven ou desexan vivir neles. Tendo isto en conta, o proxecto pretende reforzar as accións de cooperación transfronteiriza desenvolvidas polaAECT Eurocidade Chaves-Verín, promovendo os avances institucionais en materia de cultura, demografía, acción social e transporte. 

Por outra banda, o obxectivo específico é reforzar a eficacia da administración pública, promovendo a cooperación xurídica e administrativa entre a cidadanía, os axentes da sociedade civil e as institucións, en particular coobxectivo de resolver os obstáculos xurídicose doutro tipo nas rexións. 

Detalles de contacto
María Sabarís