O Concello mostra a súa preocupación polos problemas de execución nas obras da Rúa do Forte e o Vial de Praias - Concello de Marín

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Marín, 27 marzo 2026

Ontre, a Brigada municipal realizou un pintado provisional na zona de estacionamento do Vial de Praias antes da Praia de Portocelo para evitar o estacionamento de vehículos neste pequeno tramo.

Trátase dunha medida provisional mentres non se corrixe a colocación do bordillo que delimita o carril bici do carril de tráfico rodado, que a día de hoxe impide o paso de autobuses.

Desde o Concello de Marín expresan a súa fonda preocupación con esta empresa, cuxa situación mercantil está xerando moitos problemas en todas as obras públicas que está a executar, tanto no noso termo municipal como noutras localidades e administracións.

Aos erros de execución, súmanse retrasos nos prazos que están a dificultar moito que as obras avancen dentro do cronograma estipulado no contrato.

Por iso, estanse estudando as posibilidades administrativas existentes para ver como proceder coa execución da obra.

Recapiti
Concello de Marín