Newsletter Galicia-UE | Galicia reforza a súa voz na PPC

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

A competitividade, a resiliencia e o papel das rexións marcan a actualidade europea deste mes. Neste número repasamos algunhas das principais iniciativas impulsadas pola Unión Europea para reforzar a súa capacidade de resposta fronte aos retos económicos, sociais e ambientais. Entre elas, destacan as recomendacións anuais da Unión Europea aos 27 Estados membros, a primeira estratexia europea para as comunidades costeiras, as novas medidas para impulsar a soberanía tecnolóxica e a seguridade alimentaria, así como o reforzo da cooperación europea na loita contra a delincuencia transfronteiriza e o terrorismo. 

No apartado de Galicia na UE, salientamos o protagonismo galego na defensa dos intereses pesqueiros en Bruxelas, coa organización dun seminario que reuníu aos principais actores europeos en torno a avaliación da actual Política Pesqueira Común. Tamén destacamos a posta en marcha da nova interconexión eléctrica entre Galicia e Portugal, unha infraestrutura estratéxica para avanzar na integración do mercado enerxético europeo e reforzar a rede eléctrica galega. Ademais, recollemos a participación de Galicia nos debates sobre o futuro orzamento europeo, a celebración dunha nova edición de TecEuropa e diversos proxectos galegos que continúan situando a innovación da comunidade no mapa europeo. 

Neste número incluímos ademais unha análise sobre o Fondo Europeo de Competitividade, unha das principais novidades do próximo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 para impulsar o investimento en sectores estratéxicos e reforzar a posición competitiva da Unión Europea. 

Por último, facémonos eco da campaña da Comisión Europea «Protexamos o que importa: a nosa democracia», que anima á cidadanía, con especial atención ás persoas máis novas, a implicarse na vida democrática europea mediante o voto, as iniciativas cidadás, as consultas públicas ou o voluntariado, contribuíndo así á defensa dos valores e das liberdades fundamentais da Unión Europea.  

Boa lectura!

Recapiti
María Sabarís