A Fundación Galicia Europa recibe unha nova voluntaria IVY

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

— Emma Fernández, a nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa, centrará o seu labor na mellora da eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible.

— A Iniciativa Mocidade Voluntaria Interreg (IVY) ofrece aos mozos a posibilidade de servir como voluntarios en programas transfronteirizos, transnacionales ou interrexionais

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, deulle a benvida a Emma Fernández Sánchez, a nova voluntaria do programa Interreg Volunteer Youth (IVY) na Fundación Galicia Europa, no marco do proxecto europeo “RuralYouthFuture”.

Emma, graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, ex-presidenta de Equipo Europa Galicia, Youth Delegate de Enerxía e Acción climática da Unión polo Mediterráneo e National Working Group de Diálogo da UE coa Xuventude. O seu labor centrarase en apoiar e promover o éxito dos programas e proxectos enmarcados en Interreg Europe, con especial fincapé na mellora da empregabilidade xuvenil para o desenvolvemento rural sostible.

Esta iniciativa ofrece vantaxes similares ás do Servizo Voluntario Europeo. A selección das organizacións de acollida realízaa a Asociación de Rexións Fronteirizas e Transfronteirizas Europeas (ARFE) en nome da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DGREGIO).

Interreg Volunteer Youth (IVY) fomenta a colaboración entre as fronteiras interiores da UE e o sentido de solidariedade, cidadanía e compromiso cívico europeos. O período de voluntariado oscila entre os 2 meses ata un máximo de 6 meses. Os voluntarios de Interreg son novos da UE e os seus países veciños que comparten paixón pola cooperación. Trátase de persoas de entre 18 e 30 anos condiferentes antecedentes culturais, competencias e intereses.

Interreg Volunteering Youth

O obxectivo xeral de IVY é promover o éxito dos programas e proxectos Interreg nos que participen mozos voluntarios. Más concretamente,búscase reforzar a visibilidade dos programas e proxectos de Interreg, IPA-CBC e ENI-CBC/Interreg NEXT; mediante o apoio de mozos voluntarios, especialmente en calidade de Interreg Project Partners. Ademais, preténdese ofrecer ás novas oportunidades en actividades solidarias que conleven un cambio social positivo. Por último, a iniciativa IVY contribúe á integración europea e sensibiliza aos mozos sobre o seu impacto positivo.

Máis información: Programa IVY

Recapiti
María Sabarís