— Mariña Cortés, a nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa, centrará a súa labor nas políticas de mellora do emprego xuvenil no rural.
Santiago, 14 de marzo de 2025. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, recibiu hoxe á Mariña Cortés Calvo, a nova voluntaria Interreg Volunteer Youth (IVY) na Fundación Galicia Europa, no marco do proyecto europeo “RuralYouthFuture”.
Mariña, graduada en Ciencias Políticas e da Administración, terá como mentora a Pilar del Oro Sáez, coordinadora de EuroXuventude. A súa labor centrarase en apoiar e promover o éxito dos programas e proxectos enmarcados en Interreg Europe, con especial fincapé na mellora da empregabilidade xuvenil.
RuralYouthFuture
O proxecto “RuralYouthFuture” (Mellorar o papel das políticas de mocidade no desenvolvemento rural sustentable) ten como obxectivo potenciar o emprego xuvenil e poder garantir postos de traballo de calidade accesibles para a mocidade de áreas rurais.
O proxecto céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da mocidade en territorios rurais afectados polo descenso poboacional. Conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.
Con 1,9 millóns de euros de financiamento, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.
Atopa todas as novas relacionadas co proxecto aquí.