Preséntanse catro empresas para crear unha pista multideporte na Praza de España - Concello de Marín

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

A nova infraestrutura deportiva substituirá ás canchas actuais, que se atopan en moi mal estado. Suporá unha inversión de case 227.000C, financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra

Marín, 03 setembro 2026

Catro empresas concorrerán á adxudicación do proxecto para renovar as actuais canchas deportivas da Praza de España, anexas ao Auditorio, e crear no seu lugar unha gran pista multideporte.

O Concello explica que estas instalacións, moi utilizadas pola rapazada de Marín, atópanse en moi mal estado debido ao paso do tempo e ao intenso uso das mesmas e por iso non era abondo con plantexar un traballo de mantemento das canchas, senón renovalas totalmente.

Así, o Goberno Local decidiu investir parte do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, concretamente 226.879,89C, na renovación das pistas, procedendo á súa retirada e á colocación dunha única con mellores calidades e prestacións.

O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fúbtol, baloncesto…

A Mesa de Contratación volverá a convocarse para o luns da próxima semana para e así adxudicar a obra á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa.

Recapiti
Concello de Marín