Case 400.000€ de fondos provinciais para a rehabilitación da Rúa Aniñada e a dotación dunha nova pista deportiva na Praza de España - Concello de Marín

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Hoxe convocáronse as mesa de contratación para valorar as ofertas e propoñer a adxudicación de dúas actuacións a través do Plan +Provincia e do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

Marín, 24 setembro 2026

A dotación de fondos provincial para a realización de obras necesarias para a vila é unha forma de financiación esencial dos concellos e que lle permite a Marín seguir avanzando na súa mellora e transformación.

Esta mañá, celebráronse dúas Mesas de Contratación para avaliar as ofertas e propoñer adxudicar dous proxectos que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e que comezarán pronto a súa execución. En ambos casos, a empresa Caldevergazo presentou a oferta máis vantaxosa.

Renovación integral en Aniñada, unha inversión de case 170.000€

Por unha banda, está a renovación integral da Rúa Aniñada, que conta cun orzamento cercano aos 170.000€. Esta intervención contempla a continuación da Rúa da Costa ata o Cruceiro do Vento, nun tramo moi solicitado pola cidadanía debido ao mal estado actual do firme e das redes de servizos.

Trátase dun acceso fundamental para a conexión cos centros educativos e dos núcleos de Porteliña, Sete Espadas e Cruceiro do Vento co casco urbano.

227.000€ para unha nova pista multideporte na Praza de España

A outra actuación ten que ver coa renovación das actuais pistas deportivas anexas á Praza de España e ao Auditorio, que se atopan en moi mal estado. Con esta actuación, preténdese renovar este equipamento tan utilizado, procedendo á súa retirada e á colocación dunha nova pista con mellores calidades e prestacións.

Ademais, formigonarase toda a súa base para poder poñer a nivel o espazo que ocupan os accesos ao Auditorio co entronque co carril bici da Avenida e Ourense e rematar así esta zona urbana.

O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fútbol, baloncesto… Suporá unha inversión de cerca de 227.000€.

Recapiti
Concello de Marín