— O encontro celebrado en Londres busca estreitar as relacións entre a UE e o Reino Unido en materia de defensa, pesca, enerxía, comercio ou a mobilidade de persoas.
— A partir deste ano, haberá cimeiras anuiais UE-Reino Unido e reunións semestrais sobre asuntos exteriores e de seguridad entre altos cargos de ámbalas partes.
Bruxelas, 22 de maio de 2025. Durante a cimeira bilateral celebrada o luns 19 de maio, a Unión Europea e o Reino Unido marcaron o inicio dunha nova etapa na súa relación mediante acordos sobre unha serie de iniciativas ambiciosas que promoverán a prosperidade a ambos lados do Canal da Mancha e reforzarán a cooperación en prioridades comúns.
A cimeira, que tivo lugar en Londres, reuniu á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen; ao presidente do Consello Europeo, António Costa; e ao primeiro ministro do Reino Unido, Keir Starmer.
Con este encontro a UE e o Reino Unido renovaron o seu compromiso coa aplicación plena, fiel e puntual dunha serie de acordos xa establecidos no marco do Acordo de Comercio e Cooperación asinado entre a UE e o Reino Unido tralo Brexit.
Este paquete de melloras presentado inclúe achegas nos seguintes campos:
Pesca
O acordo político alcanzado en materia pesqueira garante o acceso recíproco pleno ás augas desde o 30 de xuño de 2026 ata o 30 de xuño de 2038, co obxectivo de dar estabilidade e previsibilidade ao sector pesqueiro de ambos lados do Canal da Mancha.
Este novo acordo regula a xestión sostible dos bancos pesqueiros compartidas e establece:
- Consultas anuais para fixar os volumes de pesca dispoñibles (TACs).
- As cotas correspondentes para os pescadores da UE e do Reino Unido.
- O acceso recíproco ás augas de ambas partes para pescar esas especies.
Como rexión líder no sector pesqueiro, Galicia beneficiarase directactamente deste acordo.
Seguridade e Defensa
Establécese unha asociación ampla e equilibrada en materia de seguridade e defensa, que reflicte a ambición compartida de reforzar a cooperación nestes ámbitos no actual contexto xeopolítico.
Esta asociación inclúe:
- Diálogos de alto nivel cada seis meses entre os responsables de política exterior e defensa de ambas partes.
- Consultas estratéxicas sobre temas de interese común como Ucraína/Rusia, os Balcáns Occidentais, o Indo-Pacífico e ameazas híbridas.
- Un diálogo anual específico en seguridade e defensa, así como intercambios en áreas como a mediación en conflitos e a resposta a crises.
A Asociación amplía notablemente o alcance da cooperación entre a UE e o Reino Unido, e abrangue ámbitos como a xestión civil e militar de crises, seguridade marítima e espacial, ciberseguridade, prevención do extremismo violento e o terrorismo, migración irregular e relación entre o clima e a seguridade.
Ademais, permitirase ao Reino Unido participar en accións comúns de adquisición no marco do instrumento SAFE (Acción pola Seguridade de Europa). A través deste mecanismo, a Comisión recadará ata 150.000 millóns de euros para axudar aos Estados membros da UE a investir en proxectos de adquisición conxunta. Os países que conten cunha asociación en materia de seguridade e defensa, como a que subscribiu o Reino Unido, poderán participar nestas adquisicións conxuntas xunto cos Estados membros, garantindo así a interoperabilidade cos aliados e contribuíndo á redución de custos.
Seguridade interior e cooperación xudicial
A Comisión Europea e o Reino Unido acordaron reforzar a cooperación en seguridade interior e xustiza, acelerando a aplicación do Acordo de Comercio e Cooperación. Entre as medidas destacan: máis colaboración con Europol, intercambio de matriculacións, pegadas dixitais e ADN e antecedentes penais, incorporación de imaxes faciais ao intercambio de datos e un acordo entre a Axencia de Drogas da UE e as autoridades británicas.
Migración irregular
Acórdase reforzar a cooperación fronte á migración irregular, centrada no intercambio de información, boas prácticas e coñecemento sobre a dimensión exterior da migración.
Tamén prevé compartir máis información operativa, boas prácticas e coñecemento sobre a dimensión exterior da migración. Así como reforzar a cooperación operativa e estratéxica, por exemplo, en Europol e no seu Centro Europeo contra o Tráfico de Migrantes.
Fortalecerase a colaboración en redes e axencias da UE, incluída a Alianza Global da UE contra o Tráfico de Migrantes, a Rede Europea de Migración e a Axencia da Unión Europea para o Asilo. Asimesmo, podese explorar a participación do Reino Unido nos Procesos de Jartum e Rabat.
Enerxía
O acordo político prorroga continuamente a aplicación do título sobre enerxía do Acordo de Comercio e Cooperación. A primeira prórroga estenderase ata o 31 de marzo de 2027, con renovacións anuais posteriores.
Este título regula a cooperación en enerxía, facilitando o comercio de enerxía e materias primas, o desenvolvemento de redes de cooperación (como na Cooperación Enerxética dos Mares do Norte) e a coordinación entre operadores e reguladores.
Sen esta prórroga, o título expiraría automaticamente o 30 de xuño de 2026.
Ademais, ambas partes acordaron explorar a posible participación do Reino Unido no mercado interior da electricidade da UE.
Mobilidade xuvenil
Crearase un programa de experiencias xuvenís que facilite que mozos e mozas de ambos lados poidan viaxar, estudar, traballar ou facer voluntariado no outro territorio. Non restablecerá a libre circulación de persoas, pero si permitirá unha mobilidade limitada por idade e duración, con condicións específicas e un visado dedicado. O número de participantes será acordado por ambas partes.
Ademais, traballarase para asociar o Reino Unido ao programa Erasmus+. Os termos, incluídos os aspectos financeiros, definiranse para garantir un equilibrio xusto. Esta asociación permitiría apoiar intercambios estudantís, formación de persoal docente, cooperación entre universidades, actividades xuvenís e desenvolvemento profesional no ámbito deportivo.
Acordo sanitario e fitosanitario
Negociase un acordo sanitario e fitosanitario (SPS) co fin de facilitar o comercio de produtos agroalimentarios coa UE. O acordo abranguería normas en seguridade alimentaria, saúde animal e vexetal, e obrigaría ao Reino Unido a aliñarse coas regras da UE. Para aplicalo, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea tería a última palabra en caso de disputas legais.
Un acordo SPS facilitaría, xunto co Marco de Windsor, o movemento de produtos agroalimentarios entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Ata que se aplique ese acordo, seguirán vixentes e deberán cumprirse plenamente as disposicións actuais do Marco de Windsor.
Comercio de Emisións
Traballarase para conectar os seus sistemas de comercio de emisións, permitindo que os dereitos de emisión sexan recoñecidos por ambas partes. O acordo tamén permitiría establecer exencións mutuas nos seus Mecanismos de Axuste nas Fronteiras por Carbono. O Reino Unido deberá alinárense dinámicamente coas normas da UE, e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea será a autoridade final en caso de disputas legais.
Mobilidade empresarial
O Acordo de Comercio e Cooperación establece normas sobre a entrada e estancia temporal de persoas físicas con fins empresariais.
Establecerase un diálogo que se centrará na aplicación do esquema de patrocinio do Reino Unido aos prestadores de servizos da UE, así como no recoñecemento das cualificacións profesionais para determinadas profesións reguladas.
Comercio do aceiro
A UE e o Reino Unido acordan protexer o histórico acordo comercial libre de aranceis para os produtos siderúrxicos da categoría 17.
Para iso, a UE presentará unha proposta lexislativa para establecer unha cota específica para o Reino Unido na categoría 17 dentro do mecanismo de salvagarda vixente.
A “categoría 17” refírese á Clase 17 da Clasificación de Niza, que comprende principalmente materiais illantes, plásticos, produtos de caucho, gutapercha, goma, amianto, mica e os seus sucedáneos. No contexto da siderurxia, esta clase pode incluír produtos como illamentos térmicos ou acústicos, materiais de construción que empregan produtos da Clase 17, ou mesmo materiais de protección para equipos utilizados na produción de aceiro.
Máis información: Comisión Europea