Acordos históricos con Mercosur e México para fortalecer o comercio e a cooperación global
04/09/2025 | Comisión Europea
— Estas asociacións xerarán miles de millóns de euros en exportacións adicionais e impulsarán a competitividade
— Supoñen unha oportunidades económicas co apoio a sectores clave e protección dos agricultores europeos
Bruxelas, 4 de setembro de 2025. A Comisión Europea vén de presentar as súas propostas ao Consello para a sinatura e ratificación do Acordo de Asociación UE-Mercosur e do Acordo Global Modernizado UE-México. Estes acordos considéranse fitos estratéxicos para diversificar o comercio, reforzar as cadeas de valor e estreitar lazos económicos e políticos con socios afíns de todo o mundo.
Estas asociacións xerarán miles de millóns de euros en exportacións adicionais, impulsarán a competitividade e apoiarán centos de miles de empregos europeos, ao tempo que consolidan o papel da UE como principal bloque comercial mundial.
Acordo de Asociación UE-Mercosur
O acordo con Mercosur (Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai) dará lugar á maior zona de libre comercio do mundo, cun mercado de máis de 700 millóns de consumidores. Estímase que o acordo pode aumentar as exportacións anuais da UE ao Mercosur en ata un 39 % (49 000 millóns EUR) apoiando máis de 440 000 postos de traballo en toda Europa.
Permitirá reducir aranceis elevados en sectores clave como automóbiles, maquinaria e farmacéuticos, potenciando ademais o investimento en cadeas de subministración estratéxicas. Tambén porá fin á competencia desleal dos produtos do Mercosur que imitan os produtos auténticos da UE mediante a protección de 344 indicacións xeográficas da UE.
No ámbito agroalimentario, prevese un aumento de exportacións de ata un 50 %, con beneficios para viño, aceite de oliva, chocolate e produtos con denominación de orixe. Inclúense salvagardas sólidas para protexer os agricultores europeos, xunto con medidas complementarias sobre praguicidas, benestar animal e controis sanitarios. Así mesmo, a PAC posterior a 2027 e a nova Rede de Seguridade Unitaria reforzarán os apoios económicos ao sector agrícola fronte a crises e riscos xeopolíticos.
Acordo Global Modernizado UE-México
O acordo modernizado con méxico, que actualiza o vixente desde 2000, eliminará aranceis prohibitivos a produtos agrícolas como queixo, carne de porco, aves, pasta, froitas, chocolate e viño, mellorando a competitividade nun país que é importador neto de alimentos. A UE exporta máis de 70 000 millóns de euros en bens e servizos a méxico cada ano no marco do acuerdo comercial existente, o que respalda máis de 630 000 postos de traballo na UE.
Tamén ampliará a protección de máis de 560 produtos europeos con indicación xeográfica e facilitará o acceso a materias primas críticas como fluorita, bismuto e antimono, esenciais para industrias estratéxicas europeas. Este acordo reforza ademais a cooperación en dereitos humanos, igualdade de xénero, migración, seguridade, loita contra a delincuencia e cambio climático.
Ambos acordos deberán ser ratificados polo Parlamento Europeo e polos Estados membros antes da súa entrada en vigor. Prevese a adopción de acordos comerciais provisionais para cubrir as competencias exclusivas da UE mentres avanza o proceso de ratificación.
Máis información: Comisión Europea