A FGE recibe aos socios de RuralYouthFuture na súa vista a Sober

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

A Fundación Galicia Europa recibe aos socios do proxecto “RuralYouthFuture” na súa vista de estudo a Sober

09/06/2025 |

Santiago, 29 de maio de 2025.– A FGE organiza xunto cos seus socios no proxecto “RuralYouthFuture” na vista de estudo de Galicia. O encontro terá lugar os días 11 e 12 de xuño de 2025 en Sober, Lugo. Contará coa participación de representantes dos sete países socios do proxecto – España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia-, para estudar e analizar o desenvolvemento das boas prácticas implementadas polas entidades, institucións, asociacións e socios galegos, no marco deste programa, dotado con 1,6 millóns de euros, e cofinanciado con fondos FEDER.

O obxectivo desta visita é analizar algunhas das boas prácticas desenvolvidas en Galicia dirixidas á mellora do emprego xuvenil no rural, atendendo as necesidades singulares da mocidade nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades cos seus coetáneos urbanos e a loita contra o avellentamento e a despoboación, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.  Enfócase en seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder ás necesidades da xuventude nos territorios rurais, os cales están a experimentar un crecente descenso da poboación.

O encontro incluirá presentacións das boas prácticas galegas: o programa Xuventude Mentoring, o programa Xuventude Mentoring na Empresa e Desenvolvemento, Sustentabilidade e Modernización no Medio Rural.

O proxecto “RuralYouthFuture” ten como obxectivo impulsar o emprego xuvenil e garantir postos de traballo accesibles e de calidade para a mocidade das zonas rurais. Para iso, céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da xuventude nos territorios rurais afectados polo descenso poboacional. O proxecto conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.

Cun financiamento de 1,9 millóns de euros, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.

Consulta aquí as novas relacionadas co proxecto.

Recapiti
David Dopazo