Máis de 130 persoas asistiron á XXIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información - Aguamarina

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

O Grove, 26 de xuño de 2025 – O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia conmemorou a súa XXIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información cunha gran gala este 26 de xuño, durante a que se entregaron os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025. O Gran Hotel da Toxa do Grove recibiu os grandes profesionais do sector nunha cita á que acudiron máis de 130 invitados e que estivo presidida pola conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana. Ademais, tamén asistiron o director da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Miguel Rodríguez Quelle; o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e a subdirectora xeral de Envellecemento activo e Prevención da Dependencia e Innovación, Eloína Núñez, xunto a numerosos patrocinadores do evento e asociados.

Telecos: xestionando infraestruturas críticas foi o lema dunha edición que resaltou o labor dos enxeñeiros nos sistemas avanzados de telecomunicacións en redes esenciais como a de electricidade, gas ou auga, entre outros. Trátase dun aspecto fundamental marcado pola complexidade ante os axustes case constante da produción e distribución que exixe á demanda. Ademais, a sincronización das redes públicas e privadas requiren de estritas medidas de seguridade que deben terse en conta en todo momento.

Tras unha sesión de networking acompañada cun cóctel de benvida, o decano do Colexio Oficial e presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, iniciou a gala aludindo ao lema deste ano, as infraestruturas críticas, “un término que a veces puede sonar lejano, pero que está muy presente en nuestra vida diaria: hablamos de las redes que nos conectan, los sistemas que garantizan el suministro energético, el transporte, los servicios de emergencia o la sanidad digital. Sin estas infraestructuras, el mundo se detiene. Y sin ingenieros de telecomunicación, estas infraestructuras no se diseñan, no se mantienen, no se protegen. Nuestro trabajo está en el origen de la transformación digital, la inteligencia artificial y la innovación. Por eso decimos que gestionamos infraestructuras críticas. Porque somos una profesión esencial, aunque muchas veces silenciosa”.

A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, é, ademais, “una llamada al futuro. Queremos que más jóvenes se interesen por nuestra profesión, que descubran en ella una oportunidad para cambiar el mundo, para dejar huella, para construir un futuro mejor. La ingeniería de telecomunicación no es solo redes: es creatividad, impacto social, innovación y también estabilidad profesional”.

A continuación, Julio Sánchez Agrelo agradeceu “o apoio constante que, dende a Xunta de Galicia, se lle vén prestando ao noso sector e á profesión da enxeñaría de telecomunicación. Galicia leva anos sendo un referente en dixitalización, conectividade e innovación, e iso é froito dunha visión compartida entre institucións, profesionais e empresas. Ese compromiso permítenos hoxe contar cun territorio mellor conectado, con servizos públicos máis accesibles e cun ecosistema tecnolóxico cada vez máis sólido. Pero tamén sabemos que os retos seguen aí, e a súa complexidade esixe reforzar esta colaboración”. Por iso, concluíu, “pedimos que se siga contando con nós —co noso coñecemento, coa nosa experiencia e co noso compromiso— nos grandes proxectos de país, como a xestión das infraestruturas críticas, a implantación da intelixencia artificial, a seguridade das redes e a modernización dos servizos públicos”, e tamén “sumar esforzos para seguir atraendo talento novo á nosa profesión” e continuar “apoiando a xeración de emprego cualificado en Galicia”. A nosa comunidade “ten diante un futuro dixital e seguro. E os enxeñeiros de telecomunicación estamos preparados para contribuír a facelo realidade”.

Acto seguido, tivo lugar a entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025, que foron ás seguintes persoas e institucións:

O Premio Enxeñeiro do Ano 2025 recaeu sobre Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España, pola súa “brillante traxectoria profesional”, tal e como destacou o xurado. Esta vida profesional desenvolveuna tanto dentro como fora do país. Exerceu diversos postos directivos en Cellnex e foi conselleiro da Cámara de Comercio Española no Reino Unido. O acta recolle que o seu traballo permitiu “o mantemento da continuidade das emisións de radiodifusión, de gran relevancia para todos durante o recente apagamento”.

O homenaxeado declarou que o galardón supón un “recoñecemento profesional que me fai moi feliz e que espero honrar nos vindeiros anos”. Tamén confesou que supuxo “unha inxección de ledicia” nun discurso no que lembrou os logros da súa traxectoria profesional e enxalzou aos seus compañeiros de Cellnex. Son “un equipo de persoas moi especial, cun ADN de excelencia que fai máis doado o meu día a día. Os nosos clientes poden confiar en que ese ADN non mudará. E dou por iso as grazas a todos eses compañeiros e compañeiras”.

“Toda a miña carreira tentei levar a bandeira das telecomunicacións galegas e españolas. Os meus anos traballando no estranxeiro aprendéronme ben que o nivel dos enxeñeiros de telecomunicación españois non ten nada que envexar aos de aí fóra. E, do mesmo xeito, os telecos galegos, cunha longa tradición de liderado nas empresas españolas, podémonos sentir moi importantes”, afirmou Alfonso Juan Álvarez Villamarín nas súas conclusións.

O Premio Socio de Honra entregouse a corporación Hijos de Rivera polo seu apoio á innovación e aposta pola tecnoloxía en favor das iniciativas galegas en internet gracias á web Bigcrafters. Esta plataforma online creou un mercado de comercio electrónico novidoso para a difusión e distribución de produtos artesáns, sendo especialmente beneficiosa para aqueles elaborados en Galicia en pequenas cantidades.

O Premio Amtega ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2025 concedeuse ao proxecto The Mind Guardian. atlanTTic —Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo— e Samsung España son os impulsores desta aplicación gamificada para tabletas Android baseada en intelixencia artificial. Permite a detección temperá de signos de deterioro cognitivo antes de que aparezan os primeiros síntomas de enfermidades como o alzhéimer. A súa interface sinxela e os seus resultados —que demostraron un alto grao de precisión no 97% dos casos— teñen un impacto positivo en zonas cunha poboación avellentada e dispersa, como Galicia. A súa tecnoloxía mellorou a calidade de vida e diminuíu os efectos das demencias ata nun 40% entre as persoas maiores de 55 anos.

O acto, que estivo presentado polo actor e monologuista Carlos Blanco, rematou coa intervención da conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.

Recapiti
Xose Aldámiz