Os relatos “Dende o fin do mundo”, de Jacobo Vieites Sánchez, e “Siempre seré tu memoria”, de Mónica Vidal Mislata, resultaron gañadores do XI Certame Literario de Relato Curto “Nun recuncho da memoria”2025, nas categorías de galego e castelán, respectivamente. Os textos gañadores conquistaron ao xurado pola linguaxe e estilo utilizados.
Nesta edición, e a través do tema elixido para a elaboración dos traballos, “Novos roles familiares nos coidados”, en AFAGA buscamos poñer o foco nas consecuencias das novas estructuras familiares sobre a abordaxe dos coidados informais das persoas con Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas.
Desde AFAGA queremos agradecer e celebrar a gran acollida que tivo o concurso, no que recibimos 67 magníficos e extraordinarios relatos de gran calidad. Parabéns a todos os premiados/as e participantes!
A entrega de galardóns terá lugar o próximo xoves 18 de setembro, ás 12:00 h, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (c/ Eduardo Chao, 17).
Accede desde aquí aos relatos completos: